• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

O inventario de zonas húmidas de Galicia incorpora 250 espazos máis e actualiza a información de 10

O inventario de zonas húmidas de Galicia incorpora 250 espazos máis e actualiza a información de 10

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 05:20

A Xunta reforza deste xeito o rexistro público creado para preservar estes hábitats de grande interese e que constitúen por si mesmos un valioso patrimonio natural, ao tempo que serve de base de referencia e como ferramenta de planificación e xestión

Tras esta última revisión son xa 650 os elementos catalogados no conxunto da Comunidade, abranguendo unha superficie total de máis de 45.000 hectáreas

O inventario de zonas húmidas de Galicia, un rexistro público con información sobre o número, extensión, valores e estado de conservación dos espazos deste tipo que hai na Comunidade, acaba de ampliarse coa incorporación de 250 novos elementos e a actualización de 10 que xa estaban incluídos.Así se recolle na resolución que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, na que se informa tamén de que se pode acceder á visualización e descarga da cartografía dixital do inventario de zonas húmidas de Galicia a través do visor creado polo Instituto de Estudos do Territorio a tal fin.As zonas húmidas son espazos naturais escasos e delicados, que proporcionan un gran número de recursos e constitúen un valioso patrimonio natural. Neste sentido, a finalidade do inventario, aínda que non implique de por si a aplicación de ningún réxime de protección nestes espazos, é preservar e destacar o papel que xogan as zonas húmidas para o coidado e a protección da biodiversidade, xa que albergan hábitats de grande interese e estratéxicos para a supervivencia de moitas especies.Deste xeito, preténdese estandarizar e organizar toda a información dispoñible relativa aos humidais de Galicia, tanto xeral como territorializada, co propósito de dispoñer dunha base de referencia para os cambios futuros e proporcionar unha ferramenta para a planificación e a xestión do patrimonio natural. A inclusión de zonas húmidas nesta listaxe por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural realízase de forma progresiva, mentres que a revisión e actualización da información xa existente faise de maneira permanente, cando resulte necesario.Ata o de agora o inventario de zonas húmidas de Galicia incluía 400 elementos cunha superficie de 43.904 hectáreas. Coa inclusión publicada hoxe de 250 espazos máis xa son 650 as zonas húmidas inventariadas en toda a Comunidade, abranguendo un total de 45.142 hectáreas. Ademais, aproveitouse a revisión para actualizar a información relativa a 10 zonas húmidas xa inventariadas coa incorporación de novos elementos.Cómpre lembrar que Galicia é a cuarta comunidade española ?por detrás de Andalucía, Valencia e Castela A Mancha? con máis humidais incluídos na listaxe Ramsar, un recoñecemento de carácter internacional que se outorga aos espazos deste tipo máis representativos de todo o mundo e do que gozan 6 zonas húmidas galegas: a ría de Ortigueira e Ladrido; a lagoa e areal de Valdoviño; o complexo intermareal Umia–O Grove–A Lanzada; o complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo; a ría de Ribadeo; e o Parque Nacional marítimo–terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2