• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Fernández-Tapias chama a poñerse na pel das persoas xordas "todas as horas e todos os días" e a sumar apoios na loita pola súa inclusión real

Fernández-Tapias chama a poñerse na pel das persoas xordas “todas as horas e todos os días” e a sumar apoios na loita pola súa inclusión real

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:25

A delegada territorial da Xunta en Vigo e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participaron hoxe nos actos de celebración do Día Internacional das Persoas Xordas organizados por FAXPG

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández–Tapias, subliñou hoxe a importancia de poñerse na pel das persoas xordas “todas as horas e todos os días” nunha clara alusión ao lema elixido para a celebración do Día Internacional das Persoas Xordas. A representante autonómica, quen destacou a necesidade de sumar apoios na loita pola súa inclusión real, chamou a atención sobre os datos que apuntan a que se calcula que existen no mundo máis de 70 millóns de persoas xordas, e que o 60% dos casos poderíanse ter prevido. Incidiu así na importancia da súa detección precoz e atención integral, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida. Durante a súa intervención nos actos organizados pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) nos que tamén participou o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, abundou na importancia da colaboración entre entidades e institucións para acertar no deseño das políticas encamiñadas a este fin. Nesta mesma dirección, Fernández–Tapias recalcou o compromiso firme do Executivo autonómico para que as persoas con algunha discapacidade, sexa do tipo que sexa, “podan acceder en pé de igualdade a todos os servizos públicos e poidan comunicarse con facilidade, evitando situacións de illamento social”. Xa para rematar, gabou o labor de FAXPG e trasladou ao seu presidente, Iker Sertucha, o interese da Xunta de Galicia por “seguir camiñando xuntos, da man como na última década”. Citou así algúns dos programas, de logopedia, de lingua de signos ou de envellecemento activo, que o Goberno galego promove en colaboración coa Federación. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar