• Viernes, 01 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Fabiola García lembra que os orzamentos de 2024 contemplan 153 M? en materia de inclusión social para apoiar aos fogares máis vulnerables

Fabiola García lembra que os orzamentos de 2024 contemplan 153 M€ en materia de inclusión social para apoiar aos fogares máis vulnerables

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 20:10

Este programa permitiu atender a preto de 1400 familias con menores a cargo no coidado, gastos de vivenda, compra de material escolar ou na empregabilidade

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou hoxe na xornada de clausura do proxecto piloto de loita contra a pobreza infantil Fain. Durante a súa intervención lembrou que os orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano 2024 contemplan 153 millóns de euros en materia de inclusión social para seguir apoiando aos fogares máis vulnerables, especialmente aqueles con menores a cargo. Fabiola García sinalou que esta iniciativa permitiu atender a preto de 1400 familias con menores a cargo nas áreas máis urxentes e necesarias como a atención sanitaria, os gastos da súa vivenda, os estudos, a compra de material escolar ou a empregabilidade. Na súa posta en marcha colaboraron sete entidades sociais de Galicia: Juan Soñador, Cáritas diocesana de Mondoñedo–Ferrol, Cáritas Diocesana de Lugo, Asociación Arela, o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas e a Fundación Meniños.Así mesmo, a conselleira puxo en valor que este programa contou con presenza nas sete cidades, pero tamén noutros 25 concellos do rural. Neste sentido, afirmou que calquera iniciativa de atención social na nosa Comunidade debe ter en conta a súa realidade territorial. Por iso, agradeceu ás entidades participantes pola súa visión da Galicia real e por atender a todos os galegos alí onde o necesitan. A conselleira destacou que o Goberno galego continuará colaborando co tecido social para poñer en marcha máis iniciativas que lle axuden ás persoas a facer fronte á suba xeneralizada dos prezos. Así, puxo como exemplo o incremento das ordes de axudas a entidades e con cargo ao 0,7 % do IRPF, o mantemento da Risga para todas aquelas persoas que non queiran ou non poidan transitar ao IMV e a consolidación do reforzo ás axudas de inclusión social para atender aqueles gastos inesperados nos fogares con menos capacidade de reacción.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Directo Tiempo de juego

Tiempo de juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo TRECE Al Día

TRECE Al Día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE