• Martes, 16 de abril 2024
  • ABC

COPE

COMERCIO

Os establecementos do Centro Histórico de Viveiro prepáranse para o Día do Pai

A asociación de comerciantes pon en marcha unha Búsqueda do Tesouro o vindeiro sábado 23 de marzo

Poden participar todas as persoas que fagan unha compra mínima de 50 euros nos locais viveirenses

Audio

COPE de la Costa

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 14:33

Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir desta semana a Campaña do Dia do Pai. Nesta ocasión a aposta é por seguir premiando a fidelidade dos clientes con algo moi especial para celebrar nesta data: a realización dunha Búsqueda do Tesouro por distintas localizacións do Centro Urbano de Viveiro o sábado 23 de Marzo, que comezará ás 17:00 horas dende a Praza Maior.

Búsqueda do Tesouro estará chea de divertidas probas que se irán desvelando ao longo da súa execución. Ao equipo que gañe entregaráselle a chave do cofre do tesouro.

Para os interesados

Os grupos participantes deberán estar inscritos previamente. Poderán participar na actividade pais e avós cos seus fillos ou netos, entregando tickets de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, por importe mínimo de 50€ -permítese a acumulación de varios tickets de cantidades inferiores ata sumar os 50€-. A data dos tickets de compra emitidos polos comercios viveirenses abarca dende o luns 11 de marzo ata o luns 18 de marzo.

Para participar deberanse entregar os tickets nas oficinas do CCHV -situadas na Rua Díaz Freijo, 3- ata o vindeiro luns 18 de marzo ás 20:00 horas. Unha vez comprobada a súa validez procederase á inscrición do grupo participante.

Fidelizar as compras en Viveiro

Os obxectivos perseguidos a través de todas as campañas que pon en marcha a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro son, por unha parte, premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local e, por outra, fomentar a unión de todos os emprendedores e autónomos da zona para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.

Para coñecer máis información sobre a campaña e sobre outras actividades, a asociación dispón dunha páxina web -www.viveirocentro.com- e de cadanseu perfil de FacebookTwitter e Instagram.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo