“Temos a obriga moral de coidar a quen nos coida”: O PP reclama máis medios humanos e materiais para os bombeiros de Lugo

Propón cubrir as prazas vacantes, mellorar a estrutura de mandos e dotar aos bombeiros de instalacións dignas cun mantemento axeitado

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

 A voceira do grupo municipal do Partido Popular, Elena Candia, denunciaba este xoves “unha carencia moi seria” para unha cidade de cen mil habitantes, a propia “situación do servizo de Bombeiros” da capital lucense, pola carencia de medios materiales e humanos acaídos para que poda facer o seu traballo en condicións de seguridade e con eficacia.   

Nese sentido, en rolda de prensa, dixo que é “unha obriga coidar a quen nos coida” e lembrou que é responsabilidade do goberno local “manter un servizo ben dotado”, pero “lamentablemente os seus responsables nin escoitan nin actúan”.

"Hoxe o parque de bombeiros está sen xefe. A responsabilidade recae nun cabo que, de feito, está a asumir funcións de sarxento. Segundo a propia relación de postos de traballo, Lugo debería contar con 56 efectivos (1 sarxento e 55 bombeiros, sendo 5 deles cabos), pero só hai 48 —dez deles interinos— e con 8 vacantes sen cubrir", precisou.

"Isto significa que, cando hai unha emerxencia, moitas veces hai que chamar a persoal que está de permiso ou cubrir mandos a través de listas de voluntarios. Un servizo esencial non pode funcionar deste xeito", dixo a voceira popular.

Ramudo

Bomberos de Lugo en una intervención en la Rúa San Roque

Nunha cidade como Lugo é necesario ter un mínimo de 9 efectivos por quenda, cun mando, como sucede noutros concellos “que contan con mellor cobertura que o noso municipio”, engadiu.

Se a “a plantilla estivese completa habería 5 turnos de 11 bombeiros máis 1”, polo que Candia reclamou que se cubran as prazas vacantes, se mellore a estrutura de mandos e se dote aos bombeiros de instalacións dignas cun mantemento axeitado.

 Non só crear prazas, tamén hai que retelas  

"Por iso, o Grupo Popular reitera a necesidade de revisar a Relación de Postos de Traballo para recuperar prazas técnicas e crear novas de bombeiros (tal e como pediu o Partido Popular nunha proposición que foi aprobada en maio de 2024)", lembrou.

Ao seu xuizo, “o ideal nunha cidade como Lugo é ir aumentando personal para ter ata 15 bombeiros por quenda (e sempre cun cabo e un sarxento)”. Tamén “é preciso reforzar a escala de mandos e garantir quendas con máis persoal estable”.

Archivo Cope

Parque de Bomberos de Lugo

 Modernizar as instalacións  

Dixo que "tamén é imprescindible modernizar as instalacións. Sabemos que hai baños co letreiro de 'Non usar' posto hai anos, porque non hai un correcto mantemento”.

Os populares lembran como en abril houbo un brote de lexionela que obrigou a pechar as duchas durante meses e aínda hoxe hai baños inutilizados por roturas ou falta de mantemento.

Temas relacionados