O Samaín máis terrorífico encherá as rúas de Lugo de diversión: consulta o programa completo

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e as concelleiras de Cultura e Educación, Maite Ferreiro e Iria Buide, elexiron o adarve da Muralla, a altura da Mosqueira, para presentar o programa municipal de Samaín

Cedida

Presentación Samaín

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

 O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron as actividades do Samaín 2025, que contará con distintas propostas de lecer "para todos os públicos nas rúas da cidade".

  • A área de Cultura programou actividades de animación nas rúas do casco histórico, que terán lugar o vindeiro 31 de outubro a partir das 21 horas polo casco histórico, coa actuación do Bloco Meigallo, e a Tambukda o 1 de novembro a partir das 21 horas.

O Vello Cárcere contará cunha programación especial para o Samaín, con actividades arredor desta data no espazo de lecer do centro cultural ao longo da semana. 

Para inscribirse, será preciso contactar co Vello Cárcere a través de correo electrónico (vellocarcere@lugo.gal) ou no teléfono 982 297 195. Ademáis, as salas museísticas municipais organizan unha xincana de samaín, con actividades a realizar ao longo da rede.

 Programación Samaín 2025  

28 de outubro:

Viñetas arrepiantes. Obradoiro pequeviñetistas.

17.30h (nados entre 2013 e 2018). Biblioteca de O Vello Cárcere.

29 de outubro:

A festa dos calacús. Obradoiro a toda cor.

17.30h (nados entre 2017 e 2022). Espazo didáctico de O Vello Cárcere.

Arquivo Cope

Cabazas de Samaín

30 de outubro:

Contos de Samaín. Minirrelatos.

17.30h (nados entre 2013 e 2018). Biblioteca de O Vello Cárcere.

31 de outubro:

Xincana Samaín.

17h. Museos Lugo (información en oficina de turismo e redes sociais @museoslugo)

Actuación Bloco Meigallo.

21h. Rúas do recinto histórico.

1 de novembro:

A pantasma colorida. Contacontos miúdos.

11h e 12.30h. (nados entre 2017 e 2022). Espazo de lecer de O Vello Cárcere.

Xincana Samaín.

17h. Museos Lugo (información en oficina de turismo e redes sociais @museoslugo)

Actuación Tambukda.

21h. Rúas do recinto histórico.

2 de novembro:

Cousiñas xeitosas.

11h (nados entre 2017 e 2022). Espazo de lecer de O Vello Cárcere.

Temas relacionados