Primeiro encontro entre o presidente Tomé e o alcalde Fernández: "A colaboración institucional é fundamental para conseguir os obxectivos de Lugo"

Ambos mandatarios amosaron a súa intención de apostar polo progreso e reunironse para falar de proxectos estratéxicos en común entre ambas institucións, algúns deles inminentes

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, recibiu este martes a primeira visita oficial de Miguel Fernández como alcalde da capital da provincia. O novo rexedor da cidade asinou no libro de honra da institución provincial e recibiu dous agasallos por parte do seu máximo responsable: unha reproducción do Pazo de San Marcos e un libro sobre a historia do edificio. 

Tralos saúdos e as fotos, ambos mandatarios amosaron a súa intención de apostar polo progreso de Lugo, como cidade e como provincia, e reunironse para falar de proxectos estratéxicos en común entre ambas institucións.

PROXECTOS INMINENTES PERO SEN DATA

Algúns deses proxectos son inminentes, como é o caso do desdobramento da Avenida Duquesa de Lugo, a que dá entrada á cidade pola zona norte, que tería que iniciarse esta primavera para estar finalizado antes de que remate o ano.

Este asunto deu para un simpático intercambio de declaracións entre alcalde e presidente, xa que antes de que a Miguel Fernández se lle escapase diante dos medios unha data concreta para o inicio das obras, José Tomé interrompeuno e, facendo alusión ao ex molt honorable Jordi Pujol, aseverou que "hoxe non toca" falar do tema.

DÚAS "LIBRETIÑAS" PARA AS PRIMARIAS

Outro tema no que non quixo profundar Tomé foi o proceso de primarias dos socialistas lucenses, algo do que sí falou o alcalde de Lugo.

Miguel Fernández asegurou que "é positivo e enriquecedor que haxa diferentes candidaturas", en relación á presentada polo propio José Tomé, candidato á reelección como secretario xeral provincial; e á que lidera o deputado Iván Castro, tamén concelleiro en Paradela.

Sobre as súas preferencias particulares, o rexedor lucense bromeou ao sinalar que "hoxe esqueceuseme a libretiña na casa, teño dúas".

Con todo, as declaracións de Fernández atoparon resposta na boca do actual secretario xeral do partido, quen asegurou estar "convencido de que o alcalde, faga o que faga, non se vai equivocar".

"Os militantes nunca se equivocan", sentenciou Tomé.

Baruk Domínguez

José Tomé faille entrega a Miguel Fernández dunha reproducción do Pazo de San Marcos

Temas relacionados