O Partido Popular presenta 1.500 sinaturas no Concello de Lugo para pedir máis seguridade na Milagrosa

Entre outras medidas, reclama a creación dunha oficina da Policía Local na zona norte da cidade

Cedida

1.500 SINATURAS

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

1 min lectura

A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Elena Candia, participou este xoves pola tarde no rexistro das máis de 1.500 sinaturas recollidas entre a veciñanza da Milagrosa para demandar un barrio máis seguro. Este acto simbólico tivo lugar ás portas do edificio administrativo da Rolda da Muralla.

Candia estivo acompañada por unha nena do barrio, de nove anos, de modo que portaban cadansúa carpeta coas sinaturas. A participación da rapaza, explicou o Partido Popular nun comunicado, representaba "o futuro do barrio e as voces de centos de familias que queren vivir tranquilas".

A nena vestía unha camiseta coa mensaxe “Por un barrio con futuro”, mentres que a voceira levaba outra co lema “Por un barrio seguro”. Debaixo destes slogans figuraba o hashtag #EuApostoPolaMilagrosa.

A voceira popular incidiu en que os veciños levan moito tempo reclamando solucións pola actividade de locais conflitivos, que xeran problemas de convivencia e acumulan infraccións acreditadas polas policías local e nacional, "sen obter resposta do goberno local".  

Por iso, pediulle ao executivo municipal que “se tome en serio esta problemática e actúe dunha vez por todas”.

Cedida

Elena Candia participou activamente na recollida de sinaturas

propostas concretas e realistas

Candia tamén recordou que o PP xa puxo enriba da mesa propostas concretas e viables, como:

· A creación dunha oficina da Policía Local no barrio da Milagrosa.

· O reforzo do cadro de persoal da Policía Local, cubrindo as prazas vacantes.

“Estas son medidas realistas, urxentes e perfectamente asumibles, que darían resposta a unha demanda xusta dos veciños e mellorarían a seguridade non só na Milagrosa, senón no conxunto da cidade”, concluíu a voceira popular.

Temas relacionados