A montaxe do feiral de San Froilán (Lugo) comezará o día 18

O Concello de Lugo presentou o plan de tráfico para as festas patronais -declaradas de Interés Turístico Nacional-, que estará activo ata o 16 de outubro

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

 O concelleiro responsable de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, presentou o Plan de Tráfico que rexerá a mobilidade durante as festas patronais de San Froilán, en Lugo, co obxectivo de "garantir a seguridade e facilitar os desprazamentos durante as festas". O dispositivo especial afectará fundamentalmente á zona do Parque Rosalía de Castro e as inmediacións do recinto feiral, e estará vixente dende o xoves 18 de setembro ata o xoves 16 de outubro.

As vías afectadas e as modificacións a realizar na circulación serán similares ás dos últimos anos, polo que afectarán á contorna do Parque Rosalía de Castro: Avenida Rodríguez Mourelo, Praza de Avilés, Rúa Puro Cora, Avenida Doutor García Portela, Explanada do Pazo Municipal dos Deportes e outras vías próximas (que permanecerán pechadas ao tráfico ou verán modificado o seu acceso e estacionamento durante as distintas fases do dispositivo).

A montaxe do recinto feiral das festas comezará o xoves -18 de setembro -cando se prohibirá estacionar en Rodríguez Mourelo, Puro Cora e García Portela. Esa situación prolongaráse ata o 16 de outubro, cando remate a desmontaxe das casetas e se restableza a circulación habitual.

Tamén haberá modificacións temporais, que dependerán da afluencia de público ao recinto feiral e das diversas actividades contempladas no programa das festas, e afectarán sobre todo á Rúa Vilalba e a Ramón Ferreiro. Os cortes máis restrictivos estarán activos nas fins de semana e serán modificados segundo criterio do xefe de quenda da Policía Local, tendo en conta a afluencia de persoas ao recinto feiral.

principais modificacións

  • Os principais cortes e restriccións inclúen a prohibición de estacionamento e cortes ao tráfico nas principais rúas do recinto feiral, con acceso exclusivo a residentes, servizos autorizados ou vehículos de emerxencia, segundo sinalización específica; a habilitación de dobre sentido e axustes na circulación en rúas como Avenida Doutor García Portela, Rúa Cidade de Viveiro ou Rúa Puro Cora para facilitar os accesos; a activación de maiores restriccións durante os días de maior afluencia (fin de semana e festivos), con cortes adicionais en Rolda da Muralla, Avenida Alcalde Anxo López Pérez e desviación pola Rúa Cidade de Vigo. Tamén, como vén sendo habitual, a habilitación de zonas de estacionamento provisionais e prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida ou carga e descarga.

O servizo de taxis reforzarase especialmente na Praza da Constitución, para permitir o acceso ao recinto feiral sempre que o permita o tránsito peonil. Os autobuses adaptarán os seus percorridos e horarios. "Nas vindeiras semanas anunciaremos os servizos especiais no transporte público durante as festas", precisou o concelleiro.

Alexandre Penas agradeceu á veciñanza "a colaboración co Concello para conseguir que ano a ano o San Froilán sexa un éxito".

Temas relacionados