"Grândola, Vila Morena" soará ao pé da Muralla de Lugo

Esta actuación forma parte dos actos programados para conmemorar a Revolución dos Caraveis, o levantamento militar que rematou o 25 de abril de 1974 coa ditadura de Salazar en Portugal

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

"Grândola, Vila Morena" é unha canción composta por José Afonso, escollida polo Movemento das Forzas Armadas (MFA) como segundo sinal da Revolución dos Caraveis, en Portugal. Na madrugada do 25 de abril do 1974, foi retransmitda por Rádio Resacença, a emisora católica portuguesa, como sinal para confimar o inicio do levantamento que acabaría coa ditadura de Salazar. 

A peza fai referencia á fraternidade da xente de Grândola, no Alentejo, e fora prohibida polo réxime por considerar que era música do Partido Comunista.

Esta canción convertiuse nun símbolo da revolución e da democracia en Portugal. Este venres, escoitarémola ao pé da Muralla de Lugo, precisamente para conmemorar este 25 de abril.

O tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado da concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e os directores musicais de corais Bruno Villamor e Fernando Gómez Jácome, presentaron os actos organizados polo Concello de Lugo para conmemorar o 25 de abril, Día da Revolución dos Caraveis.

O acto central será ese canto popular aberto da canción "Grândola, Vila Morena", que terá lugar o este venres ás 19:30 horas na Praza da Mosqueira. 

"A cidadanía lucense está convidada a participar nesta homenaxe colectiva, que estará dirixida polos propios Bruno Villamor e Fernando Gómez Jácome, referentes no ámbito coral da cidade", explicou a concelleira de Cultura.

COPE

A Praza da Mosqueira, un lugar emblemático de Lugo, será o escenario do canto popular

reparto de caraveis vermellos

Rubén Arroxo indicou que a celebración "incluirá o reparto de caraveis vermellos, símbolo da revolución portuguesa, así como copias da letra da canción, co obxectivo de favorecer a participación activa de todas as persoas asistentes".

Maite Ferreiro destacou o valor simbólico e emocional do evento: "Queremos que Lugo celebre o 25 de abril como se fixo tradicionalmente: na rúa, cantando e reivindicando a liberdade. Grândola, Vila Morena representa o espírito da revolución pacífica e, ao mesmo tempo, é unha chamada á unidade e á esperanza".

Este tipo de actos, dixo o tenente alcalde, "permite reforzar o compromiso do Concello de Lugo cos valores democráticos, coa memoria histórica e coa cultura popular, nun momento de unión e participación cidadá que queremos compartir con toda a veciñanza".

Temas relacionados