De vacacións, pero "a pé de micro" en COPE Lugo: Mariña, Rosalía e a espera da pequena Antía Xoana

Entre cancións na radio, vacacións que se escapan e a ilusión dunha nova irmanciña, dúas nenas de Vilalba protagonizan unha mañá chea de tenrura e boas vibracións

Chema Núñez

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Na casa de Mariña e Rosalía, en Vilalba, o verán vai chegando ao seu fin cun aire moi especial: por unha banda, achégase o inicio do curso escolar; por outra, está a piques de chegar unha nova irmá. Mariña e Rosalía, dúas irmás pequenas e cheas de vida, viven estes días con nervios e ilusións mesturadas. Non queren que rematen as vacacións, pero tampouco poden agochar a emoción de coñecer a Antía Xoana, a bebé que está a piques de nacer.

Un xogo na radio... e moito ritmo!

Na emisora de COPE Lugo vivimos un deses momentos máxicos que nos lembran por que a radio segue tendo algo único. Nun pequeno concurso improvisado, Mariña e Rosalía puxéronse diante do micrófono para xogar a adiviñar cancións. Ao estilo dos vellos programas dos anos 60, o locutor (un servidor) lanzou dende YouTube un par de cancións coñecidas. A música comezaba soar e, tras as primeiras estrofas... "¡Parala, Pol!", e aí era cando elas tiñan que seguir tarareando a melodía. 

Foi un momento divertidísimo, fresco e cheo de naturalidade. As nenas riron, cantaron, e fixeron que por uns intres a radio volvese ser ese espazo humano, espontáneo e entrañable que tantos lembramos con morriña. 

Agardando por Antía Xoana

Mentres o seu pai, Baruk, traballaba diante do ordenador, todas e todos tiñamos moi presente a Antía, a mamá, que está a piques de traer ao mundo unha nova vida. A futura bebé, que se chamará Antía Xoana, xa ten o seu nome... aínda que non sen certa polémica familiar. A avoa Marina insiste, con moito carácter, en que ela non lle vai chamar Xoana baixo ningún concepto.

Mais Mariña, coa claridade e a lóxica que só os pequenos posúen, xa resolveu o asunto: "Ao final ímoslle chamar sempre Xoana, que a miña nai tamén é Antía".

Pobre avoa Marina... é posible que non lle fixeran moito caso co nome, pero seguro que está igual de emocionada coa chegada da nova netiña.

Un final de verán para lembrar

Chema Núñez

Mariña e Rosalía pasárono "pipa" na radio

Mariña e Rosalía terán moitas historias que contar cando volvan ao cole: a súa aparición na radio, a chegada de Antía Xoana, e ese verán no que todo pareceu deterse un intre para escoitar as súas voces e compartir a súa alegría.

E quen sabe... quizáis tamén aprendan algunha canción nova para o próximo programa.