Feísmo intramuros: o que ata un neno ve en Lugo

Non fai falla ser experto en urbanismo nin ter moitos anos enriba para decatarse do estado dalgunhas rúas, casas e recunchos do Lugo intramuros que amosan abandono decadencia e esquecemento xusto ao carón da muralla que é Patrimonio da Humanidade

Chema Núñez

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Un problema compartido.  Aquí non se trata de sinalar cun dedo a unha persoa ou a algunha institución concreta, senón de entender que a responsabilidade é compartida. Os propietarios, os cidadáns e cidadás de sempre e os chegados máis recentemente, os que viven aquí e presumen do seu entorno nas vídeo chamadas internacionais, todos somos parte do mesmo problema. Tamén as institucións, as máis próximas e as máis afastadas, teñen o seu papel nesta situación.

A cara que non se debería ensinar

Chema Núñez

Casas en pésimo estado

Non é aceptable ter vivendas, rúas e carreiros en estado ruinoso, especialmente na zona máis emblemática da cidade. O primeiro que ve quen chega a Lugo é esa cara decadente ao pé da Muralla. Non é digna dun lugar co legado de Lucus Augusti.

A ollada dun neno

Chema Núñez

Espazos insalubres

Ata un neno de 9 anos o di claro. Falando para os micros da COPE, propón medidas tan lóxicas como poñer carteis de "prohibido grafitis", adecentar as casas para que "poidan vivir persoas" ou incluso crear algún museo. Porque o que está morto pode recuperar a vida se hai vontade. 

os romanos non pasarían por esto

Chema Núñez

Pintadas vandálicas

Lucus Augusti merecería algo mellor. Os romanos non recoñecerían este Lugo de fachadas caídas e esquinas sen alma. A pregunta é: que imos facer nós para que si o recoñezan as xeracións futuras?