A exame as instalacións municipais de Lugo: ¿Son accesibles os espazos públicos da cidade?

O Colexio de Arquitectos Técnicos colabora co Concello da capital lucense na realización dun estudo para avaliar os edificios municipais e detectar posibles problemas de accesibilidade

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, anunciaron este martes a colaboración do Concello co Colexio de Arquitectos Técnicos de Lugo para "elaborar un estudo sobre o estado da accesibilidade nos edificios públicos municipais".

Arroxo explicou que o gabinete de accesibilidade do colexio visitará as distintas instalacións públicas do Concello e elaborará un informe que permitirá "coñecer de primeira man as necesidades do colectivo e das persoas con mobilidade reducida nas distintas instalacións".

Arroxo afirmou que "é necesario continuar a traballar por un concello inclusivo, no que todas as persoas teñan unha vida o máis normal posible, independentemente das súas capacidades físicas".

Son cuestións importantes para toda a veciñanza de Lugo, dixo Arroxo, aspectos como "a accesibilidade e a perspectiva de xénero para facer de Lugo un lugar amable e accesible".

Concello de Lugo

O Colexio de Arquitectos Técnicos colabora co Concello para detectar posibles problemas de accesibilidade nas instalacións municipais

"Que todas as persoas podan disfrutar dos espazos públicos"

A Tenencia de Alcaldía traballa para "facilitar a accesibilidade e que todas as persoas poidan desfrutar dos espazos públicos independentemente dos problemas de mobilidade", explicou Arroxo. 

De feito, o tenente de alcalde afirmou que este estudo servirá para "planificar melloras" nas distintas instalacións municipais.

Temas relacionados