O Concello de Lugo saca a licitación unha vintena de postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal

As concesións terán unha duración de 25 anos, e as persoas interesadas poderán presentar os seus proxectos nos 30 días posteriores á publicación do anuncio

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

1 min lectura

O tenente alcalde do Concello de Lugo, o nacionalista Rubén Arroxo, anunciou este mércores a aprobación en Xunta de Goberno do procedemento de licitación para 22 postos na Praza de Abastos e no Mercado Municipal, "facilitando a instalación de novos proxectos nestas dúas instalacións de referencia para o comercio local", explicou.

O procedemento permitirá ocupar 15 postos na Praza de Abastos para distintas actividades e sete postos no Mercado Municipal destinados a actividades de hostalería e restauración. Estas instalacións contan en total con 81 postos na Praza de Abastos e 32 no Mercado Municipal.

COPE Lugo

Puesto de pescado y marisco en el Mercado Municipal de Lugo

CONCESIÓNS POR 25 anos

Todas as concesións terán unha duración de 25 anos, e as persoas interesadas en optar a un dos postos poderán presentar os seus proxectos nos 30 días posteriores á publicación do anuncio na plataforma de licitación.

Os criterios de adxudicación valorarán a capacidade de creación de emprego da proposta empresarial, ademáis da actividade a desenvolver e do proxecto de negocio, xunto cos servizos de atención ao cliente, valorando se a nova actividade contará con servizo de entrega a domicilio, venta en liña ou pago con tarxeta.

AMPLA Variedade de postos

Na Praza de Abastos sairán a licitación postos de carnicería, chacinería, conxelados, panadería, galletería, froitería, viñatería, alimentación, delicatessen, droguería, herbolario e un café-bar

No Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros todos os postos estarán adicados a actividades do sector da hostalería e da restauración.

COPE Lugo

Carne ecolóxica nun posto da Praza de Abastos de Lugo

Temas relacionados