Comeza o desbroce en Lugo da rede viaria provincial máis grande de España

A Deputación Provincial destina este ano en torno a 1,5 millóns de euros a estas tarefas, que arrancaron de forma simultánea nas 24 zonas nas que está dividida a provincia

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

A Deputación de Lugo comezou este luns, 2 de xuño, os traballos de desbroce nos máis de 4.200 quilómetros de estradas provinciais. A institución provincial destina este ano en torno a 1,5 millóns de euros a estas tarefas que arrancaron de forma simultánea nas 24 zonas nas que está dividido o contrato de mantemento da súa rede viaria -para levalo a cabo dun xeito máis eficiente-.

As rozas teñen un prazo de execución dun máximo de mes e medio, polo que está previsto que a mediados de xullo estén limpos os marxes das estradas provinciais nos 67 concellos da provincia. 

"Unhas tarefas coas que a Deputación mellorará a seguridade viaria e a comodidade dos condutores, ademais de favorecer a prevención de incendios durante o verán", sinala o goberno provincial.

A mellora da mobilidade centra un dos grandes piares dos Orzamentos para este ano, e por iso o goberno provincial destina a manter as estradas no mellor estado posible máis do 21% do total. A Deputación incrementou, ata os 27,3 millóns de euros, as partidas para obra nova, conservación, desbroce e actuacións do Parque Móbil, o que representa unha suba destes apartados de máis dun 42% respecto ao 2024, cando a institución destinou 19,4 millóns de euros.

É o dobre do investimento que no 2019, cando as partidas para estradas sumaban algo máis de 14 millóns de euros, indica a Deputación. 

a provincia dividida en 24 zonas

As 24 zonas nas que está dividida a rede provincial para desenvolver os desbroces son as seguintes:

1 O Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol.

2 Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz.

3 Muras, Xermade e Vilalba.

4 Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá.

5 Mondoñedo e Abadín.

6 A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.

7 Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte.

8 Castro de Rei, Pol e Meira.

9 Lugo e Guntín.

10 Castroverde e O Corgo.

11 Friol

12 Baleira, Baralla e Láncara.

13 Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.

14 Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.

15 Becerreá e As Nogais.

16 Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.

17 Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei.

18 O Páramo, Paradela e Sarria.

19 O Incio, Triacastela e Samos.

20 Taboada e O Saviñao.

21 Chantada e Carballedo.

22 Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

23 Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.

24 Pantón e Sober.

Temas relacionados