As Voces do 47º Rally San Froilán de Lugo

A retransmisión en directo de COPE Lugo ofreceu ao público un ano máis unha experiencia única, chea de emocións e historias que quedaron gravadas no corazón dos afeccionados

Chema Núñez

Lugo - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

A 47ª edición do Rally San Froilán foi moito máis que unha simple carreira, foi un evento que estivo impregnado de voces e relatos que daban conta do pulso do rally e das persoas que forman parte del.

Retransmisión histórica: voces que acompañan ao Rally San Froilán

Chema Núñez

COPE Lugo unha vez máis no Rally de Lugo

Desde fai case corenta anos, COPE Lugo retransmite en directo o Rally San Froilán, facendo que os escoitantes se sintan parte da competición. Este ano, as voces que pasaron polos micrófonos de COPE deixaron moitas anécdotas e perlas que se quedaron no aire, creándose unha atmosfera inconfundible que só este rally sabe ofrecer.

A voz dos protagonistas

Un dos momentos máis esperados foi, sen dúbida, a intervención de Alberto Meira, un dos grandes protagonistas do rally. O piloto, que ía estar na loita polos primeiros postos, viu como unha pedra no medio da estrada deixábano fóra da carreira cando todo apuntaba a que podería ser un dos grandes favoritos.

Sergio Lozano, o piloto debutante que pilotaba un coche totalmente preparado pola Deputación de Lugo, tamén tivo a súa voz na retransmisión. O seu esforzo e dedicación fixeron que gañara este verán o "Volante Deputación" como recoñecemento ao seu traballo e tivera como premio a participación automática no rally de Lugo co apoio da Deputación lucense.

Cecilia Casal, cun micro azul característico de COPE Lugo, foi a encargada de entrevistar a numerosos seareiros, entre eles a dona de Héctor Pérez Fernández, o piloto vilalbés. Este, xunto ao seu compañeiro Baruk Domínguez, tamén tivo a oportunidade de falar en directo dende o treito de Samos, deixando constancia do gran ambiente que se vivía entre os afeccionados.

A opinión dos expertos e das lendas

Manolo Abuín, un veterano seareiro do rally, tamén se fixo eco das súas impresións, destacando a importancia do Rally San Froilán pero tamén sinalando que, a veces, o evento se facía algo longo tanto para pilotos como para seareiros.

Pola súa banda, Nico Sebio, outro dos colaboradores destacados de COPE Lugo, tivo a oportunidade de falar cos principais pilotos do rally, como Adrián Díaz, que se reencontrou coas súas raíces en Lugo; César Gonzalves, que, a pesar de algunhas dificultades, gozou da proba; e Víctor Senra, que se alzou co triunfo no Rally San Froilán e no Campionato Galego. Luis Vilariño, o piloto palense, tamén pasou polos micrófonos de COPE, e ainda que non conseguiu meterse no grupo de gañadores, deixou claro que loitaría até o final. Incluso o reaparecido Iván Ares puxo a guinda ao  final ganándolle dous treitos ao campión final e contouno na COPE.

As voces inesperadas e a historia do rally

No medio da retransmisión, Baruk Domínguez fixo unha entrevista especial a unha seareira novel, Antía, que se sentía moi identificada co rally, e que, segundo contaba, gozou como nunca desta xornada tan especial.

Javier García, o noso experto en motor de COPE, aproveitou para facer un repaso histórico sobre a evolución do Rally San Froilán ao longo dos anos, rememorando os grandes momentos que marcaron a historia desta proba.

A xornada deportiva

Chema Núñez

O Rally en acción

Pero a xornada non se limitou só ao rally. Ademais das emocións do mundo do motor, a programación deportiva de COPE Lugo tamén incluiu outros grandes momentos. Adolfo Somoza, narrador de COPE fai algunhas décadas, achegouse para comentar a vitoria do CD Lugo sobre o Celta Fortuna no Anxo Carro. Tamén se celebrou a victoria do Breogán en Zaragoza, a do Ensino en Leganés e, non menos importante, a vitoria do FS Castro Feminino.

Foi, sen dúbida, unha xornada de celebración para o deporte en Lugo, que demostrou a súa forza en diversas disciplinas. COPE Lugo fixo historia unha vez máis, recuperando os mellores tempos das retransmisións deportivas que marcaron unha época dourada no mundo do deporte galego. 

Voces para o recordo

A 47ª edición do Rally San Froilán quedará para o recordo, non só pola súa emocionante competición, senón tamén polas voces que fixeron posible que todos os detalles chegasen aos escoitantes. Un evento cheo de adrenalina, historias e emocións que COPE Lugo soubo capturar perfectamente, facendo desta edición unha das máis especiais.