Marzo de "puro teatro" en Lugo

Chega a XXIV edición dunha mostra que aposta por unha programación extensa, de calidade e con presenza das compañías galegas que interpretan obras clásicas

Lugo

Tiempo de lectura: 1' Actualizado 14:44

O Concello de Lugo organiza a XXIV edición da Mostra de Teatro Clásico, que este conta con dez representacións que encherán o Auditorio Municipal Gustavo Freire entre os días 2 e 17 de marzo.

"Quixemos facer unha programación extensa, de calidade e para todos os públicos", explicou Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

A mostra deste ano 2024 contará tamén cunha importante aposta polas compañías galegas que comezaron a producir obras clásicas.


Entradas desde 3 euros

As entradas poderán adquirirse a través do portal entradaslugo.es a 8 euros nos espectáculos para público adulto e 3 euros nos espectáculos para público familiar que teñan lugar no auditorio.

As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) poderán gozar dun 30% de desconto.

Ademais, poderase comprar un bono que incluirá toda a programación para público adulto a un prezo de 40 euros.