Rubén Arroxo: "Lugo renderá homenaxe a Moncho Reboiras no 50 aniversario do seu asasinato por parte do franquismo coa instalación dun busto"
Con esta acción, a Tenencia de Alcaldía lembrará a figura de Reboiras como unha persoa simbólica na loita pola liberdade e os dereitos fundamentais, promovendo a memoria histórica mediante unha intervención artística "seguindo a liña que xa vimos executando desde hai anos, lembrando a todas as persoas represaliadas polo Franquismo o Día da Galiza Mártir ou coa colocación dunha imaxe en lembranza ás persoas represaliadas nun lugar destacado do Cemiterio Municipal"
Lugo - Publicado el
1 min lectura