Elena Candia: "A subida da contribución no rural non é culpa nin do catastro nin do ministerio como aseguran dende o concello"

A voceira do PP de Lugo, afirma que trala aprobación definitiva  do PXOM o seu grupo xa advertira "en tempo e forma" que moitos veciños ían sofrir un considerable incremento nos recibos do IBI porque os seus terreos de carácter rústico pasarían a tributar como solo urbano, o que levou aos populares  a reclamar unha bonificación ao concello co fin de paliar esta "brutal subida"