Xunta de Galicia

A Xunta ratifica o seu apoio ao programa Estalmat-Galicia, de talento matemático, que rende homenaxe aos máis de 400 alumnos da promoción 2021

Xunta de Galicia Xunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2' Actualizado 16:10

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participa na cerimonia anual presidida polo reitor da Universidade de Santiago, Antonio López

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Santiago de Compostela, 20 de maio de 2023
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participa na cerimonia de clausura anual do proxecto Estalmat–Galicia, de Estímulo do Talento Matemático e de despedida dos estudantes da 14º promoción (ano 2021), nun acto presidido polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, na Facultade de Matemáticas. Na edición de 2021, que agora se despide, participaron un total de 406 estudantes de toda Galicia. Pilotado pola Universidade de Santiago de Compostela a través da Facultade de Matemáticas e apoiado pola Xunta de Galicia entre outras institucións, Estalmat–Galicia é un programa avalado pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España e creado co obxectivo de estimular o talento matemático entre a mocidade.
Durante o curso os estudantes seguen un programa especial de estímulo do talento matemático baixo as directrices do Proxecto ESTALMAT–España, que desde o ano 1998 ven implantándose en distintas Comunidades como Galicia, Madrid, Cataluña, Castela e León, Castela–A Mancha, Andalucía, Canarias, Valencia, Cantabria e Illas Baleares.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando