Xunta de Galicia
A Xunta expón en Valencia a súa experiencia en compra pública de innovación, na que leva investido máis de 320 M? desde 2010
A Xunta expón en Valencia a súa experiencia en compra pública de innovación, na que leva investido máis de 320 M€ desde 2010
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá no V Foro Iberoamericano de CPI e Innovación Aberta
Expuxo as claves, experiencia e medidas empregadas para impulsar este instrumento de contratación en Galicia
Anunciou tamén unha nova convocatoria de apoios para impulsar a creación de produtos e servizos tecnolóxicos para a industria baseados en sistemas non tripulados e intelixencia artificial empregando a fórmula da Compra Privada de Innovación, así como os proxectos identificados pola Xunta de Galicia para mellorar os servizos públicos que presta a través da CPI
Na súa intervención, Argerey anunciou a inminente convocatoria dunha nova liña de apoios no marco do Polo Aeroespacial de Galicia para impulsar a creación de produtos e servizos tecnolóxicos para a industria baseados en sistemas non tripulados e intelixencia artificial por parte de pemes e centros de coñecemento galegos empregando a fórmula da Compra Privada de Innovación. Esta novidosa convocatoria está dirixida a pemes e centros de coñecemento galegos en cooperación con empresas compradoras das tecnoloxías a desenvolver, e estará dotada cun orzamento de 11 M?.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando