Xunta de Galicia

A Xunta convoca as axudas complementarias para os universitarios galegos que participan este curso no programa Erasmus+

A Xunta convoca as axudas complementarias para os universitarios galegos que participan este curso no programa Erasmus+

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá ata o día 2 de febreiro

O importe oscila entre os 125 e os 195 euros ao mes, para estadías entre dous e nove meses, en función do país de destino

O importe da axuda varía en función do país de destino. Deste xeito, é de 195 euros/mes para os países de destino do grupo 1 (Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega e Suecia), de 165 euros/mes para os do grupo 2 (Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Grecia, Francia, Italia, Malta, Países Baixos e Portugal) e de 125 euros/mes para os do grupo 3 (República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia e Turquía).Ademais, no caso de existir remanente de crédito, adxudicarase unha contía uniforme de 500? entre as persoas solicitantes que realicen unha estadía igual ou superior a cinco meses e conten cos expedientes con maior nota media.Estas bolsas funcionan como complemento ás achegadas pola Unión Europea para os estudantes que están neste programa de mobilidade. O Goberno galego mantén un orzamento de máis de 1,5M? para dar cobertura con esta convocatoria a todos os alumnos que reciben a axuda comunitaria.

RequisitosPara solicitar a bolsa o estudante deberá estar matriculado no curso 2023/24 en calquera grao das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e participar no devandito programa de mobilidade universitaria como beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación, en estadías de entre dous e nove meses.Non poderán optar á axuda os que xa gozaran dela en convocatorias anteriores e mais o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.O obxectivo desta liña de axudas é favorecer a participación do alumnado neste programa de mobilidade, que facilita acadar unha dimensión internacional dos estudos e un enriquecemento dos itinerarios curriculares.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados