Xunta de Galicia
O equipo de ultrasóns de frecuencia focalizada para o tratamento do Párkinson do Hospital Clínico atendeu a preto de cen pacientes desde a súa posta en marcha en 2021
O equipo de ultrasóns de frecuencia focalizada para o tratamento do Párkinson do Hospital Clínico atendeu a preto de cen pacientes desde a súa posta en marcha en 2021
Publicado el - Actualizado
5 min lectura
Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no acto de inauguración das xornadas 'El futuro de la Neurología', que reuniu en Santiago a expertos de toda España nesta especialidade
O equipo de ultrasóns de frecuencia focalizada (HIFU) para o tratamento contra o Párkinson e o tremor esencial, emprazado no Hospital Clínico de Santiago, atendeu a preto de cen pacientes desde a súa posta en marcha en abril de 2021, e practicou máis de cen intervencións. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, hoxe na capital galega, durante o acto de inauguración das xornadas 'El futuro de la Neurología', que reuniron a expertos de toda España nesta especialidade. Comesaña destacou como “o fito máis subliñable no campo da Neuroloxía” o feito de que o Sergas converteuse en 2020 no primeiro sistema público de saúde de España, e un dos primeiros de Europa, en contar coa tecnoloxía máis avanzada no tratamento contra o Párkinson e o tremor esencial ao adquirir o equipo de ultrasóns de frecuencia focalizada, emprazado no Hospital Clínico de Santiago, que supuxo un investimento de máis de 2,4 millóns de euros por parte de Xunta de Galicia. “Este equipo –lembrou o conselleiro ? non implica a realización de ningún tipo de cirurxía, senón que utiliza ultrasóns de alta frecuencia na área do cerebro que controla o movemento, cunha técnica que ten un efecto curativo inmediato no paciente”. O tratamento de preto de cen pacientes e as máis de cen intervencións realizadas con este equipo desde a súa posta en funcionamento en abril de 2021 “non sería posible sen o excelente servizo que temos no hospital de Santiago, cun equipo interdisciplinar de neurólogos, neurorradiólogos, neurocirurxiáns, técnicos de radioloxía e enfermería”, salientou. O conselleiro engadiu que Galicia, ademais do HIFU, conta con unidades de referencia (CSUR) no ámbito da epilepsia refractaria –onde o hospital Clínico de Santiago é un dos oito que hai en España –, no ámbito da esclerose múltiple ? onde o Clínico é tamén referencia desde 2012 ? e no ámbito da cirurxía dos trastornos do movemento. Neste campo, a consulta de Trastornos do Movemento do Servizo de Neuroloxía da área sanitaria de Pontevedra e o Salnés “converteuse hai dúas semanas na primeira unidade acreditada a nivel nacional para a Consulta Monográfica de Trastornos do Movemento”, remarcou o conselleiro de Sanidade. Todos estes fitos, segundo dixo Comesaña, “dan unha idea da excelencia no tratamento das enfermidades neurolóxicas en Galicia”. Así mesmo, o máximo responsable do Sergas referiuse á necesidade de coordinación de toda a estrutura asistencial que require a disciplina da neuroloxía, “e na que, en Galicia, temos un excelente exemplo de traballo en equipo co Plan galego de atención ao ictus, implantado no ano 2016 e que coordina o labor de atención primaria, hospitalaria e o 061 para garantir unha asistencia en tempo e forma aos pacientes que sofren accidentes cerebro–vasculares agudos”. Este Plan supuxo a creación dunha rede de atención en toda a Comunidade que funciona como unha única área e que está coordinada por unha Central de Atención ao Ictus, en funcionamento 24 horas e 365 días ao ano. A través desta central, neurólogos expertos no manexo e diagnóstico do ictus ofrecen soporte aos médicos dos hospitais da rede sanitaria galega, “o que permite examinar en tempo real ao paciente, mediante unha cámara web de alta resolución, analizar a imaxe radiolóxica e tomar unha decisión terapéutica compartida co médico responsable”, explicou o conselleiro de Sanidade, quen destacou de seguido que, desde a posta en marcha deste Plan, o número de códigos activados ronda a cifra dos 14.000. Ademais, o titular da carteira sanitaria lembrou que a rede asistencial galega conta con tres Unidades de Ictus emprazadas nos hospitais de Santiago de Compostela, A Coruña e no Álvaro Cunqueiro de Vigo, e que a Xunta está dando os pasos para a creación dunha cuarta unidade de ictus en Lugo. Os hospitais de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Burela e Povisa, contan con Equipos Ictus. Xunto con estas medidas, no ámbito da calidade asistencial, Galicia aprobou diversos procesos asistenciais integrados (PAI) para enfermidades neurodexenerativas, como o PAI para a esclerose lateral amiotrófica en 2018, ou para a esclerose múltiple no ano 2019. “Traballamos na elaboración do Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral adquirido en Galicia”, –dixo o conselleiro–, quen anunciou que a previsión é “que estea implantado este mesmo ano, xunto cos PAI de Alzhéimer e outras demencias”. Para rematar, Comesaña agradeceu o labor do servizo de Neuroloxía do CHUS e da Sociedade Galego de Neuroloxía, “por poñer a Galicia no foco da reflexión e investigación nesta especialidade”. “Grazas ao traballo de todos, a nosa comunidade se atopa ben preparada para os retos de futuro que formula a neuroloxía”, –incidiu o conselleiro de Sanidade–.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando