A Semana Santa de Ribeira recupera o seu esplendor

Volverán as procesións do Paso e do Santo Enterro, O Sermón das Sete Palabras e O Desencravo, comezando este domingo coa bendición dos ramos e a procesión á Igrexa de Santa Uxía

ctv-vcy-whatsapp-image-2022-04-06-at-120430-pm

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Tras dous anos se poder sacar ás rúas as procesións e pasos a consecuencia das restriccións obrigadas pola pandemia de covid, a Semana Santa vai recuperar o seu esplendor na localidade coruñesa de Ribeira coa súa programación habitual e recuperando todos os seus actos característicos, como as procesións do Paso e do Santo Enterro, ou O Sermón das 7 Palabras e O Desencravo.

Tanto o cartel como o programa pevisto para todos estes vindeiros días foi presentado na Casa do Concello de Ribeira por parte do cura párroco de Santa Uxía, Alfonso Mera, a concelleira de Cultura María Sampedro, Puri Cores como presidenta da Asociación de Amas de Casa e Carmen García en representación da Asociación Alfaia.

Alfonso Mera desgranou o calendario de actos, que principiará ás 11.30 horas deste domingo coa bendición de ramos no Monumento para ir logo en procesión ata o Adro da Igrexa de Santa Uxía, onde ao mediodía se celebrará a eucaristía.

Entre o luns e o mércores terán lugar as visitas ás persoas maiores e enfermas, advertindo ao respecto que hai xente que aínda ten medo de saír por mor do covid.

Xa o Xoves Santo ás 19 horas celebrarase a Santa Cea, ás 20.30 horas a Procesión do Paso e ás 22.30 a Hora Santa.

No Venres Santo ás 11.30 haberá o Sermón do Encontro no adro da Igrexa; ás 19 horas a celebración da Pasión do Señor na Igrexa Parroquial; ás 20 horas o Sermón das 7 Palabras e Desencravo no adro da Igrexa; e por último ás 21 horas a Procesión do Santo Enterro.

No Sábado Santo ás 22 horas terá lugar a Solemne Vixilia Pascual e no Domingo de Resurrección ás 12, a Misa Solemne de Pascua.

ctv-sip-programa

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DE LESMES E PARTICIPACIÓN NA PROCESIÓN DO PASO

Tanto Puri Cores como Carmen García incidiron durante as súas intervencións na Procesión do Paso xa que, previamente á súa celebración o Xoves Santo, haberá sendos ensaios o martes e o mércores da semana que vén no colexio O Grupo. Terán lugar ás nove da noite e quixeron facer un chamamento a aquelas persoas que teñan interese en sumarse.

ctv-1oi-thumbnail semana-santa-h

Imaxe da presentación do programa da Semana Santa, Concello de Ribeira

Pola súa banda, a concelleira ribeirense María Sampedro confirmou que volverá a exhibirse a exposición de imaxes da Semana santa de Ribeira do arquivo de Lesmes Fotógrafos, manifestando que era unha “ledicia poder programar con normalidade” e informando de que, ademais de colaborar na loxística, dende o Concello se vai volver exhibir ao aire libre esta exitosa exposición sobre esta festividade que xa se amosou o ano pasado. Aínda que, desta volta, non será no adro da Igrexa como aconteceou o ano pasado, senón noutro punto do centro urbán.

Podes consultar todo o programa da Semana Santa de Ribeira´22 aquí:

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Programas

Último boletín

18:00H | 14 MAY 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking