• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

O centro de protonterapia de Santiago, con doentes a partir de xuño de 2025

A xunta declara a excepcionalidade dun proxecto que vai acoller doentes de toda Galicia

ctv-dfx-proton

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 10:28

A Xunta inicia o procedemento urbanístico para a aprobación do proxecto do Centro de Protonterapia de Galicia na contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, segundo o procedemento establecido na Lei 3/2016, do 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional. “Hoxe damos un paso máis para a construción deste centro que foi o primeiro de España en iniciar os trámites e agardamos estea en funcionamento canto antes”, indicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen resaltou que a previsión é que o centro estea operativo e recibindo pacientes xa “en xuño de 2025”.

Rueda explicou que o proxecto é de interese público, dado que permitirá incrementar dun modo excepcional a calidade da asistencia sanitaria cun novo tratamento que dará servizo a toda Galicia. Por iso, indicou que é preciso contar coa habilitación urbanística necesaria para a súa execución.

Para reducir ao máximo os tempos de tramitación e posibilitar a implantación do novo servizo desde o punto de vista urbanístico, e poder así dar resposta rápida e eficaz a aqueles proxectos que non poden ser paralizados no tempo ata a aprobación dun novo plan polas consecuencias que iso implicaría no benestar do conxunto da cidadanía galega, proponse a súa tramitación mediante o procedemento establecido na Lei3/2016, do 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese.

Cómpre destacar que se avanzará neste procedemento urbanístico de modo paralelo á adxudicación do concurso para a redacción do proxecto e a execución das obras, que foi licitado o pasado 30 de decembro pola Servizo Galego de Saúde por un importe de 22,28 millóns de €.




A dotación de equipamento sanitario que se pretende implantar abarca o edificio destinado a Centro de Protonterapia de Galicia (cunha ocupación aproximada de 3.683,42m2) e o tratamento de espazos exteriores (aprox. 6.075,46m2).

  • Left6:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Nos vindeiros días, pedirase ao Concello que realice o trámite de información pública do anteproxecto e emita informe sobre a afectación dos intereses locais. Unha vez completado o trámite, dende a Xunta de Galicia solicitaranse os informes sectoriais que sexan precisos, ata concluír o procedemento coa aprobación do proxecto por parte do Consello da Xunta de Galicia.

Características da instalación

A altura do volume que se vai construír non superará a da cornixa do Gil Casares. A súa posición permitirá a creación dun espazo público de calidade fronte ao CHUS, permitirá crear unha dobre entrada dende ambos hospitais e manteranse as árbores de gran porte existentes para integralas nun novo espazo público. Interiormente, o centro de Protonterapia dividirase en dous niveis, un nivel de planta baixa no que se sitúan as zonas de recepción de pacientes, tratamento, persoal e mantemento; e unha primeira planta, na cal se sitúa a zona de xestión e instalacións dos equipos e do edificio.

O edificio incluirá dous búnkers, que serán capaces de albergar dous equipos de protonterapia (radioterapia de protóns) modelo ÍA Proteus One (ciclotrón e gantry de tratamento), e deixará espazo para un terceiro.

Qué é a protonterapia

A protonterapia é unha modalidade especial de radioterapia que utiliza un feixe de protóns que permiten maior precisión ao impartir a dose de radiación. “Este sistema permite tratar tumores de difícil acceso, reducir o tempo do tratamento e minorar tamén os efectos adversos”, indicou Rueda.

A protonterapia demostrou unha alta eficacia e maior seguridade que a radioterapia convencional con fotóns ou electróns. É unha técnica que permite un tratamento moi eficaz de tumores situados en lugares sensibles, cunha altísima precisión que acurta, de maneira moi significativa o tempo de terapia, e evita, en boa medida, os efectos secundarios doutras técnicas. A protonterapia reduce de forma significativa tratamentos innecesarios en tecidos sans, sendo unha forma eficaz para tumores nos que a radioterapia non resulta efectiva e a cirurxía non é unha opción.

A diferenza da radiación de fotóns tradicional, que usa raios X para atacar o tumor, pero que aplica radiación en tecido san, a terapia de protóns é un tratamento que dirixe protóns cargados positivamente ao tumor, onde depositan a maior parte da dose de radiación. Con esta terapia, a radiación residual é mínima, o que reduce potencialmente os efectos secundarios e o dano ao tecido circundante.





Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo Deportes COPE

Deportes COPE

Con José Luis Corrochano

Escuchar