libro en galego
María das Herbas, a farmacéutica que pasou dous anos estudiando a botánica medicinal do Courel
María das Herbas e as herbaxeiras do Caurel é un ensaio de botánica medicinal que recolle tamén refráns e cultura popular da montaña de Lugo
María das Herbas vai xa pola segunda edición
Madrid - Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Un dos libros que máis chamou a atención en Galicia estes últimos meses é un ensaio sobre plantas medicinais que leva a sinatura de María Moure, unha farmacéutica que pasou dous anos investigando as herbas típicas do Courel e que recolleu a experiencia en "María das Herbas e as herbaxeiras do Caurel".
"Durante dous anos vivín con Courel recollendo toda esa información sobre o uso tradicional das plantas medicinais, ademáis de ritos ancestrais, cancións, adiviñas e refráns" que quedaron recollidas nun tomo que vai xa pola segunda edición. "Está pensado como una triloxía, vai haber máis", explica.
"Teño ainda seis libretas grandes que recollín na zona". O libro, editado por Teófilo, combina a información que se recolleu no traballo de campo con ilustracións.
UNHA FARMACÉUTICA AMANTE DA BOTÁNICA
María Moure é farmacéutica pero segundo explica "a miña vocación non é traballar nunha farmacia, senón o mundo rural e a natureza". Sobre esa base trasladouse ó Courel, primero cunha subvención da Deputación de Lugo e despois xa pola súa conta.
De aí lle veu o alcume de "María das Herbas que era como lle chamaban os habitantes desa zona montañosa. Durante eses dous anos percorreu as aldeas para preguntar sobre herbas medicinais e sobre cultura popular.
"Non teño coche e sempre que podía facía o camiño a pé", explica.
A XANZÁ, A RAIÑA DO CAUREL
Entre as plantas que se utilizan na Serra do Caurel polas súas propiedades María destaca a xanzá (genciana en castelán), unha especie que se utiliza tanto por vía oral como por vía tópica ou para facer gárgaras e enxuagues...
"Na fitoterapia científica descríbese como tónico estomacal, pero no Courel úsana para baixar a tensión, vai ben para a diabetes, en uso tópico é cicatrizante...
En María das Herbas e as herbaxeiras do Caurel adícase un capítulo tamén a os hongos, unha bebida elaborada a partir de levaduras que recorda moito a kombucha chinesa que se popularizou moito estes últimos anos.
"É a primeira vez que se documenta por escrito o uso da kombucha no rural de España".