Volta ao cole en Galicia: "estamos desexando que empecen as aulas"
311.000 empezan este luns as clases en infantil, primaria, ESO e bacharelato
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
Remataron as vacacións para 311.000 alumnos en Galicia, que volven este luns ó colexio despois das vacacións de verán. Empeza o curso 23-24 en educación infantil, primaria, ESO e bacharelato. Tamén nas Escolas Oficiais de Idiomas e nas tres universidades da comunidade.
O número de profesores no ensino público medra en 370 con relación ó curso pasado, a pesar da baixada de alumnos.
Moitos pais e nais agradecen o inicio do curso escolar por razóns de conciliación familiar. "Estamos desexando que empece o curso" explican a Cope Galicia.