Mediodía COPE Galicia 28/04/2023 De luns a vernes ás 13.05 horas

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A banda de pop galego Ataque Escampe veñen de publicar Cabalgata o seu primeiro LP en seis anos e que presentan este sábado 28 de abril na sala Capitol de Santiago de Compostela.

Falamos con dous dos seus membros, Alex Charlón e Samuel Selleiro deste traballo onde toman protagonismo os sintetizadores "dando un aire moi dos anos 80 e 90", segundo os propios autores dun traballo nos que mesturan ritmos discotequeiros de Supermartes ou Lamborghini e baladas psicodélicas como Cabaliño Lento, "reflexionando sobre as relacións humanas".

Iso sí, sen perder nunca o selo moi recoñecible dunha banda que na súa traxectoria de 15 anos non quixeron repetirse e variaron constantemente de estilo musical, aínda que mantendo a mensaxe nas súas letras "sempre en galego". Como podes comprobar neste "A cociña práctica" con Antía Ameixeira