Mediodía COPE Galicia 24/04/2023 De lunes a viernes a las 13.05 horas
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
A Asociación de perxudicados pola fauna salvaxe en Galicia APERFASA ven de presentar un escrito ante a Xunta no que reclama o uso de gaiolas para rematar co incremento das poboacións de xabarís na nosa comunidade, ademais dun maior control por parte da administración sobre o funcionamento dos TECOR societarios que regulan a caza neses espazos "e onde uns funcionan ben, pero outros non tanto".
Cóntanolo o presidente de APERFASA, Antonio Muíño que cifra "en mais de 15 millóns de euros ao ano" os danos que o xabaril provoca en explotacións agrícolas de toda Galicia e que non se poden cubrir "cos apenas 2.500 euros de indemnizacións que pode percibid cada agricultor" en caso de verse afectado.