Abre un Claudio Express en Carballo (A Coruña)

O novo establecemento franquiado de Gadisa Retail atópase en Avenida Artes 59, en As Labrada

Gadisa

Apertura Claudio Express de As Labradas (Carballo)

Redacción COPE Coruña

Coruña - Publicado el

2 min lectura

GADISA Retail continúa a expansión da súa liña de franquías e suma un novo establecemento baixo a insignia Claudio Express na estación de servizo situada en Avenida Artes 59, na localidade de As Labradas (Carballo).

Cunha sala de vendas de 80 m2, o novo Claudio Express pretende satisfacer as necesidades do consumidor de forma rápida e cómoda, a través dunha variedade dunhas 800 referencias básicas de alimentación. Ademais, está integrado nun complexo máis amplo que aglutina os servizos de gasolineira, prensa, butano, ponte e boxes de lavado e aspirado.

Sete novos empregos

Esta apertura xera 7 novos empregos e, por tanto, contribúe á dinamización socioeconómica da contorna, un dos obxectivos do impulso que GADISA Retail brinda á súa liña de franquías, na que xa traballan máis de 1.000 profesionais nos seus establecementos situados en Galicia, Asturias, Castela e León e Madrid.

Gadisa

Sede central de Gadisa Retail

Durante a inauguración do novo punto de venda, o propietario da estación, Adrián Souto, estivo acompañado polo seu equipo e por parte de GADISA Retail estiveron presentes o delegado na área da Coruña, Baltasar López; o director de vendas de franquía, Miguel Freire; e o coordinador de franquía, Sergio Trujillo.

Un total de 250 establecemientos franquiados

O novo Claudio Express de Carballo é a 15ª apertura desta liña de negocio no que vai de ano. A compañía demostra deste xeito a súa confianza neste modelo co que xa alcanza os 250 establecementos, dos que 112 son Claudio e 138 Claudio Express.

Interior dun Claudio Express en Cedeira (A Coruña)

GADISA Retail converteu a franquía Claudio na máis relevante do sector no noroeste de España debido á confianza que xera en emprendedores, pemes e negocios familiares.

A eficacia do sistema loxístico, a capacidade competitiva, a facilidade para acceder a unha completa variedade de produto, así como o asesoramento nas diferentes fases de implantación e desenvolvemento do negocio son os principais valores deste modelo.

Temas relacionados