• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

El Ayuntamiento repondrá la placa retirada y robada de la Calle Manuela Barreiro Pico

El alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, además de anunciar que la plaza será repuesta por el ayuntamiento; pide a los vecinos de la zona que si advierten algún movimiento se pongan en conetacto con la Policía Local o con la Guardia Civil El regidor recuerda que el nombre de esta calle, al igualq ue las otras que recibieron denominación el pasado viernes, fueron consensuados y aprobados por unanimidiad por la Corporación Municipal.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Suárez Barcia dixo que “cunha profunda decepción coñezo o feito de ver como alguén arrincou e roubou a placa dunha destas rúas, da denominada Manuela Barreiro Pico, que o venres pasado inauguramos con motivo da celebración do 8 de marzo. Supoño que sería a mesma persoa á que non lle debe gustar que unanimemente na Corporación Municipal de Ribadeo cheguemos a consensos para nomear unha serie de espazos e de rúas da nosa vila, a maior parte deles pola insistencia do servizo de Correos da dificultade que tiñan para entregar cartas correctamente debido a que moitas rúas estaban en barrios grandes e non estaban definidas as súas denominacións convenientemente”. Fernando Suárez lembrou que “neste caso a unha desas rúas puxémoslle o nome de Manuela Barreiro Pico, en honor dunha persoa que moi a principios do século XX tivo a coraxe de ser a primeira farmacéutica que houbo en Ribadeo, nun momento no que as mulleres tiñan difícil o acceso a carreiras superiores, e difícil o feito de abrir establecementos por elas mesmas”. Para o alcalde de Ribadeo “é lamentable que alguén faga isto, sería a mesma persoa que andou poñendo anónimos convidando a unha manifestación contra á inauguración desa rúa, cousa que me parece absurda. Repoñeremos a placa, loxicamente, tentaremos colocala de xeito máis forte para que non se arrinque outra vez, pero non estamos libres de que algún energúmeno ou energúmena volva facer das súas”. O rexedor pídelles “aos veciños e veciñas desa zona, que o outro día acudiron a ese acto e que se amosaron contentos e satisfeitos de que unha vía que nunca tivera denominación levara o nome dunha persoa tan insigne, que si advirten algo o comuniquen á Policía Local ou á Garda Civil porque eu creo que sería boa cousa para a convivencia cívica entre todas e todos, aquí en Ribadeo”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar