• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo |

El PP agradece que la ministra "hable en el BOE" y adjudique las obras para solucionar los problemas creados por los desagües de la A-8

El Boletín Oficial del Estado recoje la formalización de los contratos de las obras complementarias de la Autovía del Cantábrico en el tramo Mondoñedo-Lindín conuna inversión de 7,6 millones de  euros que plantea actuaciones en los barrios de Monfadal, Grove, Reguengo, San Paio, Ramís y Vigo, y que esperan permita dar respuesta a un compromiso asumido por el PP mindoniese.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O Partido Popular de Mondoñedo, a través da súa voceira Elena Candia, agradece que a Ministra de Fomento, Ana Pastor, “fale no BOE”, -tal e como asegurou a responsable do departamento central en ocasións-, e adxudique as obras que se prevé que solucionen os problemas das escorrentías en Mondoñedo. O Boletín Oficial do Estado publica o anuncio de formalización de contratos  do proxecto das obras complementarias da Autovía do Cantábrico (A8), no tramo Mondoñedo-Lindín, por un importe superior aos 7,6 millóns de euros (7.684.795,35 euros) e que inclúe actuacións, entre outros núcleos, nos barrios de Monfadal, Grove, Reguengo, San Paio, Ramís e Vigo. A voceira dos populares reitera o traballo meticuloso do Ministerio de Fomento que soubo apreciar a importancia desta demanda e a través de vía oficial confirma este investimento do Goberno Central no concello de Mondoñedo. Compromiso asumido polo PP Esta adxudicación permite dar resposta a un compromiso asumido polo partido local, segundo explica Candia, tralas denuncias de inundacións que sufrían os veciños dado os trastornos ocasionados pola Autovía do Cantábrico ao seu paso por Mondoñedo. A popular explica que houbo que agardar á chegada do PP ao Goberno central para que fosen escoitadas por primeira vez as demandas dos veciños. Primeiro realizáronse os estudos técnicos que indagaban a orixe destas inundacións; posteriormente analizáronse as solucións técnicas e agora veñen de dotar co orzamento e adxudicar estas obras complementarias, matiza. A maiores, os populares locais manifestan a súa intencionalidade de estar especialmente vixiantes da execución deste proxecto e a que se dean solucións aos diferentes problemas xurdidos á raíz das obras na A-8. Respaldo dos representantes do Goberno Central en Lugo Os populares agradecen o traballo emprendido e amosado polos representantes do goberno na provincia, tanto a través do subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, como do presidente do PP de Lugo e portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro, e do deputado nacional, Jaime de Olano, que souberon transmitir ao Ministerio de Fomento a importancia deste plan complementario que agardamos que permita que esta demanda sexa unha realidade e se solucionen as inundacións que sufrían os veciños, tanto en casas como colleitas en días de choiva debido ás obras na A-8. Actuacións incluídas Este plan complementario inclúe, entre outras, as seguintes actuacións: Mellora na captación das augas de escorrentía no Grove Mellora na captación de augas no depósito de Vigo, sendo necesaria a traída de augas dende o depósito de Monfadal ata o depósito de Vigo Mellora na drenaxe das viais municipais do Reguengo e Vigo Restablecemento do suministro de auga nun depósito do Ramís e nova traída de augas dende o Monfadal

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar