También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Xove | El Ayuntamiento pone en marcha el programa "Actívate no verán 2013"

  • cope.es
  • cope.es

A Concellería de Deportes ven de por en marcha un novo programa de actividades para este verán baixo o título “ACTÍVATE NO VERÁN 2013”, con actividades variadas e  para todo tipo de idades. Estas actividades van desenvolverse dende o 1 ao 31 de xullo. Actividades programadas: FITNES.- Actividade dirixida a maiores de 18 anos.  Vaise desenvolver  os luns e mércores en horario de 10:15 a 11:15 horas. XOGOS INFANTÍS.- Dirixidos a nenos/as de Infantil ata 4º de Primaria. Imos ter dous grupos:    Grupo 1 (dirixido a nenos/as de Infantil), que van ter as súas actividades os martes de xoves de 10:30 a 11:30 horas.    Grupo 2 (dirixido a nenos/as de 1º a 4º de Primaria), que van ter as súas actividades os martes de xoves de 11:30 a 12:30 horas. ACTIVIDADE FÍSICA PARA MAIORES.- Esta actividade vaise realizar os luns de 11:15 a 12:15 horas e os venres de 10:30 a 11:30 horas. A inscrición para todas estas actividades (fitnes, xogos infantís e actividade física para maiors), de carácter totalmente gratuita,  hai que realizala  no Rexistro de Entrada o Concello, cubrindo a corresponde folla de inscrición. As prazas das actividades cubriránse por rigurosa orde de rexistro, xa que son limitadas. O horario para inscribirse é de 8:30 a 14:30 horas de luns a venres, na oficina de Rexistro na entrada do Concello. O prazo de inscrición vai estar aberto do 17 ao 27 de xuño, ámbolos dous días incluidos.

Lo más visto