• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Surf

El 4º Surf Camp vuelve los días 27, 28 y 29 de junio a la Mariña

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

La nueva edición se ha presentado en la capital de la provincia con la participación del presidente de la Diputación, José Ramón Gómez Besteiro, al ser la entidad patrocinadora del evento.

Viveiro, Foz y Barreiros son las localidades donde está prevista la celebración de las actividades de formación para los participantes, para lo que cuentan con profesionales surfistas que darán clases de iniciación, perfeccionamiento y multiactividades deportivas

El plazo de inscripción ya está abierto para las 280 plazas de carácter gratuito, pueden solicitarse a través de la Web de la Diputación www.deputacionlugo.org  

O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ó Director de Fondos Europeos da institución luguesa, Pablo Rivera, presentou a 4ª edición do Surf-Camp, que terá lugar os días 27, 28 e 29 de xuño nas praias da Mariña. É a programación, financiada nun 80% con fondos europeos do programa medioambiental da Deputación Lug02, que “contribúe a un maior coñecemento da riqueza paisaxística da provincia cunha actividade respectuosa co medioambiente, como é o surf; dinamiza a económica, mobilizando a centos de persoas á Costa lucense, e desestacionaliza o turismo”, remarcou Gómez Besteiro. Nas anteriores convocatorias, houbo centos de participantes, chegados da metade norte do país, acadando unha ocupación hoteleira de entre o 80% e o 100% en determinadas zonas. Este ano, duplícase a formación gratuíta da man de profesionais do surf en España, ofrecendo por vez primeira distintos niveis segundo o grao de coñecemento, e increméntase o número de prazas, tamén a custe cero, para todas as actividades incluídas na programación.  

A 4º edición do Surf-Camp inclúe actividades gratuítas para toda a familia durante 3 días en Viveiro, Barreiros e Foz, ofrecendo preto de 20 horas formativas e un mínimo de 280 prazas, cifra que poderá superarse posto que hai actividades sen límite de localidades. O ano pasado, ofrecéronse un total de 200 prazas.  

O venres, 27 de xuño, a xornada arrancará ás 19:00 horas no municipio viveirense, cunha xornada formativa, con prazas para unhas 100 persoas, na que profesionais do surf abordarán as peculiaridades e vantaxes deste deporte.

O sábado, 28 de xuño, haberá actividades en Barreiros e Viveiro. Nas praias barreirenses, destacados expertos nacionais do surf ofrecerán clases gratuítas durante toda a xornada (pola mañá, de 11:00 a 14:00 horas e, pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas). Ofrécense 3 niveis: iniciación, con prazas para 40 persoas; perfeccionamento, con 20 prazas, e profesional, con outras 20 (neste caso, os participantes percorrerán a Mariña na busca das mellores ondas). En Viveiro, dende as 17:30 e ata as 20:00 horas, haberá multiactividades deportivas (segwey, skates eléctricos, simulador de surf, longskate, gyroboard...).

O domingo, 29 de xuño, o Surf Camp continuará nas praias de Foz, con máis clases de surf e multiactividades deportivas totalmente gratuítas, que arrancarán as 12:00 horas e se prolongarán durante todo o día. Serán 100 as prazas dispoñibles.

Inscricións

O prazo de solicitude abrirase mañá en www.deputacionlugo.org. Máis información na web do organismo provincial, en http://km0surfcamp.deputacionlugo.org, en @surfcamplugo ou en facebook.com/km0surfcampdeputacionlugo.

Co evento surfeiro lucense colaboran os 7 clubes existentes na Comarca da Mariña, e que reúnen a 250 socios, aínda que o número non deixa de medrar. Trátase de: Hola!Ola Surf Club de Ribadeo, North Shore Surf Club de Barreiros, Surfiños Surf Club e Sensación Surf Club de Foz, Limosa Surf Club de San Cibrao, Oxígeno Surf Club e Van Surf Club de Viveiro.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar