• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

RIBADEO | "Rachando Inercias" se presenta el sábado en Santiago de Compostela. Será en la librería Lila de Lilita a las 12:30 horas

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Segundo explica a concelleira de Muller, Mariluz Álvarez Lastra, “esta iniciativa veu xestándose desde hai meses, froito da colaboración entre o  Centro de Información ás Mulleres e Sonda Norte e presentouse ao público en Ribadeo o pasado mes de decembro. Once mozas ribadenses unen o seu potencial artístico neste caderno que leva por título Rachando inercias. Un caderno exclusivamente feminino con traballos de autoras menores de 30 anos”. A edil nacionalista sinalou que “a promoción e impulso das mozas creadoras  que ao igual que noutros eidos, pola súa condición feminina, de sermos mulleres teñen máis trabas para ter presenza, para destacar ou para acceder ou promocionarense no mundo artístico merece un esforzo desde o terreo institucional. Este caderno Rachando inercias ven a ser o resultado da unión do potencial artístico de mozas ribadenses. Este caderno é unha simbiose entre o potencial da escrita e as ilustracións destas autoras. Cada unha delas achegou unha foto ou ilustración e as outras mozas escribiron inspirándose na mesma”.  Álvarez Lastra engade que “mozas  de idades comprendidas entre 15 e 30 anos, creadoras que simplemente coa súa obra visibilizan aquelas causas que o precisan e o merecen e que circunstancias alleas as manteñen nas marxes. Causas como a invisibilización das mulleres, de aí o carácter exclusivamente feminino do caderno de principio a fin, e tamén a aposta pola utilización do galego, que ao igual que as mulleres é un idioma que se encontra en situación de inferioridade”. O seu coidado e deseño corre a cargo dunha moza tamén sondanorteña, Xana Arias. A concelleira de Muller indicou que “se optou polo produto local, polas mozas locais e por todo ese potencial que está saíndo á luz grazas á iniciativa de Sonda Norte. E como carta de presentación, o  apoio coa achega dese limiar por parte da escritora xa consolidada e coñecida  por tod@s, Marica Campo, a cal excusa a súa presenza neste acto”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar