• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo | La ausencia de Balseiro ha mejorado el clima del pleno

PSOE y BNG coinciden en destacar el acuerdo de la corporación para apoyar demandas sobre preferentes y eléctricas

Los dos grupos de la oposición en Cervo, socialista y nacionalista, han valorado positivamente el acuerdo alcanzado para apoyar las demandas de los afectados por las participaciones preferentes, afectados por las eléctricas y las rebajas de las tasas a los comerciantes en el mercado semanal. Por primera vez en el pleno de la corporación cervense ha primado el interés de los vecinos por encima del interés partidista

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 may 2017

Tralo pleno do Concello de Cervo o Grupo Municipal Socialista quere felicitar ó equipo de goberno por que “por primeira vez dende hai moito tempo escoitaron as propostas da oposición, o que quere dicir que escoitaron a unha parte importante dos veciños que levaban obviando anos”. A emenda presentada polo Partido Popular á nosa moción, mediante a que pedíamos medidas de control por parte da Xunta de Galicia para entervir ante os perxudicados polos erros nas facturas eléctricas e compensar o sobrecusto aplicado a moitos consumidores, “tiña como única pretensión sumar esforzos e non desvirtuar ou suplantar a proposta da oposición. É un feito que agradecemos e agardamos que de agora en diante se repita a menudo”. Neste senso, subliñan que “desta forma, a nosa proposición foi aprobada polo pleno da Corporación engadíndolle dous puntos a maiores que presentaron os compañeiros do PP. Dous puntos polos que instarán á Xunta a defender e tutelar ós afectados a través de asesoramento, formación e información e loitar para que as empresas non poidan proceder ó corte do suministro eléctrico”. Ademais de amosar a súa satisfación polo cambio de actitude do goberno de Cervo, queren agradecer que “aceptasen retirar, a petición do Grupo Socialista, a moción do PP que contraviña á proposta da alcaldía en defensa dos afectados polas participación preferentes. A moción dos populares era oposta a esta proposta que debía de ser aprobada pola defensa de moitos  dos nosos veciños”. Os socialistas destacan que “non lembramos unha conducta tan positiva por parte do equipo de goberno dende hai moito tempo. Desta vez, por fin primaron os intereses dos veciños sobre o interese partidista do PP”.   O BNG destacou o acordo da Corporación Municipal no pleno celebrado na tarde de onte en Cervo para apoiar as demandas da Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas e agradeceu ao PP a retirada dunha moción presentada polo concelleiro, parlamentario, Secretario Provincial do PP e Secretario da Cámara Galega, José Manuel Balseiro, ausente onte no pleno, que demandaba actuacións sobre mesmo asunto incoherentes coas demandas da Plataforma mariñá. Os nacionalistas igualmente celebraron o acordo unánime para apoiar as demandas dos afectados polos abusos da eléctricas, aínda que criticaron que o PP a pasividade da Consellaría de Industria e especialmente da Delegación de Lugo por non facer cumprir a normativa vixente. Na mesma liña parabenizaron ao grupo de goberno por correxir e rebaixas as taxas excesivas aos comerciantes do mercado semanal de San Cibrao que facian perigar este mercado, ademais instaron ao grupo de goberno a exercer políticas de apoio ao pequeno comercio. ACORDO UNÁNIME EN APOIO DA MOCIÓN PRESENTADA POLA PLATAFORMA MARIÑÁ DE AFECTADOS POR PARTICIPACIÓNS PREFERENTES E SUBORDINADAS E RETIRADA DA MOCIÓN DO PP. Os nacionalistas celebraron o apoio unánime da corporación municipal á moción presentada polos afectados por participación preferentes e subordinadas da Mariña ao tempo que agradeceron a retirada do 5º punto do orde do día no que o concelleiro, parlamentario, Secretario Provincial do PP e Secretario da Cámara Galega, ausente onte no pleno, que demandaba actuacións sobre mesmo asunto incoherentes coas demandas da Plataforma mariñá, os nacionalistas quixeron matizar que tanto a cordialidade existente no pleno como a retirada deste punto non sería posíbel coa presenza de Balseiro no pleno, mais amigo da confrontación política que de buscar acordos” APOIO AOS AFECTADOS POLOS ABUSOS DAS COMPAÑÍAS ELÉCTRICAS De igual maneira a iniciativa promovida pola Plataforma de Afectado polos abusos da compañías eléctricas foi apoiado por unanimidade. Neste punto, dende o BNG matizouse que o apoio da corporación debe vir acompañado de medidas reais da Consellaría de Industria para facer cumprir a lexislación vixente e criticaron unha emenda do PP que pedía que a Xunta continuase compromentendo medidas a favor dos usuarios, algo que contrasta coa parálise da Consellaría en facer cumprir a normativa xa existente. No punto de preguntas os nacionalistas pediron ao alcalde datos sobre os excesos na facturación polos consumos do propio concello, saber si os contadores instalados cumpren coa legalidade e informe da Consellaría de Industria sobre a legalidade destes aparellos. O GOBERNO MUNICIPAL SO ACERTA CANDO CORRIXE E ONTE TIVEMOS UN EXEMPLO COA REBAIXA DAS TAXAS AOS COMERCIANTES DO MERCADO SEMANAL DE SAN CIBRAO. O BNG lembroulle ao goberno local as súas críticas á ordenanza fiscal sobre a venta no mercado semanal de San Cibrao  que puxeron en perigo a súa continuidade, “non é normal que unha actividade que ademais de ser beneficosa para os propios vendedores, para os veciños e para o conxunto do comercio local se vexa gravada en exceso cando debería apoiarse e promoverse, os nacionalistas ademais esgrimiron o resultado da recadación pola aplicación desta ordenanza que lonxe de aumentar diminuiu dende a súa aprobación.” Neste sentido consideraron positiva a rebaixa da taxa xa que axuda á economía e dinamiza a vida social em San Cibrao.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar