• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | Irá a pleno el martes 29 de enero

El presupuesto del 2013 asciende a 8 millones de euros

El concejal de hacienda, Vicente Castro, ha presentado los presupuestos del Ayuntamiento de Ribadeo para el 2013 que ascienden a poco más de 8 millones de euros y serán sometidos a su aprobación en un pleno extraordinario fijado para el martes 29 de enero a las ocho de la tarde. Castro ha dicho que se trata de unos presupuestos “equilibrados y muy realistas” que suponen un descenso del 20% con respecto a los presupuestos del 2011.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Os presupostos para este ano presentáronse na comisión informativa de facenda, celebrada onte. Vicente Castro explicou que “a maior parte da baixada ven dada polas transferencias de capital doutras administracións” e lembrou que “nos orzamentos de 2012 e 2011 tiñamos grandes partidas coma as correspondentes ao arranxo da travesía de Ribadeo con transferencias do goberno do Estado e renovación e arranxo do pavillón municipal de deportes con partidas moi importantes por partes da Deputación”. O concelleiro de Facenda indicou que “hai tamén unha baixada importante da recadación no capítulo de taxas, motivada pola situación económica que estamos a atravesar. Hai unha estimación á baixa por este motivo, que se ve compensada nas mesmas cantidades por incrementos na partida de impostos directos e nas transferencias correntes, debidas éstas ás subidas do IBI que se deron no 2011 e que teñen repercusión no exercizo 2012 e sobre todo neste 2013 e tamén á participación nos tributos do Estado, que xa supuxo unha importante subida no 2012 e agora neste ano é maior”. Sobre o capítulo de gastos Vicente Castro subliñou “o importante descenso nos gastos de persoal, debido a que non houbo que contemplar ningunha partida para indemnizacións por despidos e á algunhas setenzas que arrastrábamos nos exercizos anteriores e por modificacións que se fixeron na RPT e que foron aprobadas o ano pasado. Manténse estable o capítulo de gastos correntes, a pesares da suba permanente do alumeado público e do IBI”. O concelleiro de Economía seguiu a relatar que “hai unha baixada en transferencias correntes, é dicir en subvencións, do 10%. Neste 2013 realizaránse en Ribadeo pequenas obras de diversa índole que se executarán desde principios de ano, pero que serán sufragadas nun 80% con fondos propios”. O capítulo de amortización de préstamos “sofre tamén un importante descenso, motivado polo seu vencemento. Este goberno no mandato anterior e no que vai deste non acudiu a préstamos, os que había van vencendo e vánse reducindo as amortizacións e tamén hai que ter en conta as amortizacións extraordinarias que se fixeron no 2011 e no 2012. No 2011 esa cantidade ascendeu a 80.000 euros e o ano pasado a 100.000 euros. Isto ven dado porque a situación económica do Concello o permite, porque os resultados dos exercizos son positivos ano tras ano e iso permite que poida haber remanente suficiente para facer fronte a estas amortizacións extraordinarias”. Vicente Castro tildou os orzamentos de equilibrados e moi realistas, “axustando os gastos e os ingresos á realidade actual, tendo en conta que moitas das partidas de ingresos van presupostadas á baixa debido á situación económica que atravesamos. Agardamos contar co apoio dalgún grupo da oposición a uns orzamentos realistas nos que non se recortan servizos básicos nin sociais, senón que se incrementaron algunhas partidas destinadas a estes fins. O que pretendemos é cumprir co plan de axuste ao que estamos adscritos, que as contas do Concello cadren e que permitan non suprimir servizos nin postos de traballo”. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar