• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Ocupan la oficina de Hacienda en Foz para denunciar la política fiscal que ejerce el Gobierno Central

Una delegación de miembros del BNG, encabezada por el alcalde de Riotoro, Federico Gutiérrez Estoa, ocupó las oficinas de la delegaciónde hacienda para reclamaer una reforma fiscal que deje de asfixiar a las mayorías sociales. Al mismo tiempo en la protesta también estaba presente la política de centralizaciónde servicios que supondrá el cierre de la oficina en Foz, un paso más cara a la supresión de servicios en la comarca

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Unha delegación de militantes e cargos orgánicos e institucionais do Bloque Nacionalista Galego, encabezada por Federico Gutiérrez Estoa, membro da Executiva Comarcal, ocupou a oficina de Facenda de Foz para denunciar a política fiscal que está a levar a cabo o goberno do Estado e que pretende cargar toda a presión fiscal sobre as clases traballadoras, que representan a maioría social, en beneficio das grandes fortunas. Segundo explicou Estoa “desde que comezou a crise económica, na mesma proporción que se ían suprimindo determinados impostos, como o imposto sobre o patrimonio, que gravaba a aqueles que máis teñen, paralelamente se ían poñendo en marcha políticas en materia fiscal e económica que perxudicaban direactamente ao conxunto da cidadanía”. “Exemplo diso – continuou Estoa- é a suba de impostos indirectos, como o das persoas físicas ou o IVE, que afecta directamente ao consumo e, en consecuencia, retrotrae a demanda interna. En definitiva, desde que están no goberno, os populares están a desenvolver unha política fiscal que fai bo o lema da nosa campaña: 'Non é unha crise. É un roubo!'. Asemade, dende o BNG acusan ao goberno do Estado de utilizar a crise como coartada para impoñer un modelo determinado de centralización en base ao reforzamento das competencias nas capitais de provincia. Neste senso, Estoa insistiu en que “o Ministerio de Facenda está desmantelando as pequenas oficinas da Axencia Tributaria como é o caso da de Foz, na Mariña, ou a de Monforte, na zona Sur de Lugo, e concentrando os servizos na capital. Parécenos absolutamente irracional que a folla de ruta última do goberno do Estado pase por pechar a oficina de Facenda de Foz xa que isto vai na dirección de separar os servizos da cidadanía”. Por todo isto, dende o BNG, a través da súa campaña “Non é unha crise, é un roubo!” pretende mobilizar ás mariñás e aos mariñáns fronte a estas políticas de recorte e austeriade que está a exercer o Partido Popular e que “forman parte dunha estratexia de desmantelamento dos servizos públicos nas comarcas, así como dos dereitos básicos da súa poboación”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar