• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Valadouro |

Lamela lamenta que Maseda mienta a los vecinos "los socialistas manipulan la situación económica heredada para justificar la falta de iniciativas y de gestión de los últimos años"

Los populares quieren corregir al candidato socialista y recuerdan que cuando el PP dejó la Alcaldía el ayuntamiento disponía de 219.000 euros de liquidez “una cantidad validad por intervención municipal, pública y comprobable”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

O candidato popular á alcaldía do Valadouro Jose Manuel Lamela lamentou que a desesperación de Edumundo Maseda ante os malos pronósticos do PSOE leven aos socialistas “a iniciar a súa precampaña mentido aos veciños” Os populares critican duramente que Edmundo Maseda asegurase, na presentación da candidatura do PSOE de cara ás videiras eleccións municipais, “que recibiu un Concello sen liquidez” Lamela corrixe ao candidato socialista e lémbralle que o cando o PP deixou á alcaldía o concello dispoñía de 219.000 euros no banco, de “absoluta liquidez”, unha cantidade avalada polo servizo de intervención municipal, pública e comprobable” Desde o PP aseguran que o PSOE se ve na obriga de manipular a situación económica municipal que herdaron, para xustificar a falta de iniciativa e xestión dos últimos anos e a decepción que o cambio de goberno provocou en moitos veciños. Os populares non saen do seu asombro porque Maseda confunda a liquidez dun Concello con temas relativos á consignación orzamentaria, pero teñan a seguridade de que o socialista sabe perfectamente que quedaron os 219.000 euros no banco, porque incluso asinou o documento que así o proba no momento do cambio na alcaldía. Explican tamén que si non había consignación orzamentaria para o pago das facturas da luz, (un tema que se resolve cun simple cambio de partida) foi culpa do propio PSOE, porque se negaron a aprobar en varias ocasións o orzamento municipal, obrigando a prorrogalo, para despois presentar o tripartito un novo, similar ao rexeitaban. ACTO DE SOBERBIA DUN ALCALDE CON VOTOS PRESTADOS Os populares lamentan tamén o enorme acto de soberbia de Edmundo Maseda ao autodenominarse como “o mellor alcalde que tivo o municipio”, sen ningún tipo de autocrítica e sinalan que esa consideración tan só poden facela os veciños a través dos seus votos e non as notas de prensa que remite o PSOE cheas de autocomplacencia. Lembran ademais que Maseda é alcalde “cos votos prestados”, xa que nin o PSOE foi a forza máis votada no municipio, nin o propio Maseda foi quen se presentou ás eleccións como cabeza de lista do PSOE, porque esa responsabilidade correspondeu a Jose Luis García Rubal, que despois dimitiu. Lamela advirte a Maseda que a confianza das veciñas e veciños do Valadouro ten un límite, sobre todo fronte a aqueles que, como os socialistas, non dubidan en mentirlles e censura o xogo sucio dun PSOE que comeza a campaña manipulando. “O Sr. Maseda está a tempo de rectificar, antes de que os veciños do Val coloquémoslle en maio no lugar onde se merece, unha moi previsible e nova derrota electoral

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar