• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

Javier J. Castiñeira no entiende la postura de PSOE y UNIFOZ y considera que Cancio está manipulando a los socialistas

El gobierno municipal de Foz critica a socialistas e independientes por impedir el pago de facturas a proveedores pendientes de 2013 por valor de 160.000 euros, lo que perjudica a varias empresas, muchas de ellas locales. Esta situación que está sucediendo nunca pasara y consideran, en el grupo de gobierno, que ocurre porque el grupo socialista está manipulado por Jaime Cancio, portavoz de UNIFOZ; “el tiempo nos dará razones” finalizó el regidor focense.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

“Unha vez máis o venres despois dun pleno é día de decepción absoluta por parte do goberno municipal de Foz posto que os grupos da oposición, neste caso o Partido Socialista e Unifoz, encabezado por Xaime Cancio, votaron en contra do pago das facturas reparadas no recoñecemento extraxudicial. Estamos a falar de 160.000 euros para empresas, moitas delas locais, que non van poder cobrar, que van ter que acudir seguramente aos tribunais de xustiza, algo que non pasou nunca na historia deste Concello, no que os recoñecementos extraxudiciais aprobáronse sempre, tendo reparos ou non, incluso co Partido Socialista no goberno, no que estaba o señor Xaime Cancio”, explicou Javier Castiñeira. O rexedor municipal aclara que “o propio informe de Intervención di que se esas facturas están encargadas pola administración, se corresponden a traballos realizados e se teñen un prezo lóxico e normal, o que se cumpre en todas elas, hai que pagalas, independentemente de que teñan esas deficiencias ou posibles reparos na documentación”. Castiñeira engadiu que “é vergonzoso porque quen está exercendo de líder da oposición e do Partido Socialista e o señor Xaime Cancio. Xa se nota que estamos empezando o período preelectoral e Cancio está manexando as decisións do Partido Socialista, porque o señor Val está completamente desaparecido no PSOE local, que non sei cales son os intereses que o moven. O señor Moncho Candia e xente da executiva local do Partido Socialista están pensando en rédito electoral e parécenos verdadeiramente vergonzoso que primen os intereses do partido e dunha persoa antes que os intereses municipais, dos provedores e das empresas que van quedar sen cobrar. Tamén nos parece vergonzoso que o señor Xaime Cancio diga que grazas a el van cobrar as empresas que teñen facturas sen reparos. Era xa o que faltaba, porque grazas tamén a el as empresa que teñen algunha factura reparada non van cobrar. E algúns deses reparos son tan insignificantes como ter unha parte do expediente incompleto. Son reparos que houbo sempre neste Concello, incluso gobernando o Partido Socialista e estando o señor Cancio”. O alcalde rematou manifestando que “entramos en época electoral e estamos vendo a un Partido Socialista desfeito totalmente e mandado xa polos intereses do señor Xaime Cancio e Unifoz non existe. O tempo daranos a razón”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar