• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

El ISSGA fomenta la colaboración con las empresas que participan en la elaboración del mapa de riesgo químico

La directora del Instituto Gallego de Seguridad y Salud Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja, ha participado en la inauguración de la VII Semana de la Seguridad y Medioambiente que se celebra en Cervo hasta el día 5 de diciembre. Quinzá-Torroja destacó la  importancia de las actividades que se llevan a cabo a través de la Estrategia en Prevención de Riesgos Laborales de Galicia 2011-2014 diseñado por la Xunta El alcalde de Cervo, Alfonso Villares, ha participado en el acto de inauguración y ha recorrido con los asistentes los diferentes puestos instalados para la ocasión, todos ellos centrado sen equipos, material, protocolos y rutinas de prevención de riesgos laborales. En esta actuación se incluye la plantación de árboles autóctonos en diferentes parcelas del municipio

Inauguracion de la Semana de Seguridad y Medioambiente en Cervo

Inauguracion de la Semana de Seguridad y Medioambiente en Cervo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) está a colaborar con Alcoa no desenvolvemento da VII Semana da Seguridade e Medioambiente que se celebra en Cervo ata o próximo día 5. A directora do Instituto, Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe na inauguración desta actividade, onde destacou as diversas liñas de asesoramento e colaboración que este organismo ten coas empresas que participaron en 2010 na elaboración do mapa de risco químico. Quinzá-Torroja sinalou que o obxectivo desta actuación é actualizar a información das fichas de seguridade destes produtos e as avaliacións específicas deste risco coa conseguinte proposta de medidas de redución A directora do Instituto, ademais, destacou a importancia das actividades que se están a levar a cabo a través da Estratexia en prevención de riscos laborais de Galicia 2011-2014 que deseñou a Xunta, ao tempo que detallou as principais actuacións do Plan de Actividades do ISSGA para este ano, que foi aprobado por unanimidade pola comisión de Goberno do Instituto, na que teñen presenza tanto a patronal como os tres sindicatos máis representativos de Galicia. No marco deste plan, explicou, ademais dos obxectivos do mapa de risco químico, a importancia da coordinación que debe existir entre unha empresa e os seus centros de traballo en materia de prevención ou, por exemplo, entre unha empresa e as súas subcontratas. Con respecto ás actividades da VII Semana da Seguridade e Medioambiente que se está a celebrar en Cervo, destacou unha xornada técnica que terá lugar mañá na Casa da Cultura de San Cibrao, na que participará o técnico do centro do ISSGA de Lugo, Álvaro José López Aenlle, para falar sobre as responsabilidades en prevención de riscos laborais. Ademais, no polideportivo de San Cibrao poderán visitarse ao longo de toda a semana os diferentes stands alí instalados sobre seguridade laboral en diferentes ámbitos. Así mesmo, haberá charlas sobre saúde laboral e unha xornada de formación para profesores. A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso asegura que “desde el Concello colaboramos con esta semana porque consideramos muy importante contribuir al fomento de la cultura de la salud y la seguridad en el trabajo, vital para prevenir incidentes”. Alonso destacou tamén a variedade de público ao que se dirixe esta iniciativa, xa que dependendo da actividade están convidados a participar persoal docente, do Concello, alumnado de ciclos de FP e dos centros educativos así como público en xeral “para concienciar a los diversos colectivos sobre la importancia de seguir unas rutinas de prevención, especialmente en el caso de los escolares, ya que hay que trabajar con ellos desde edades tempranas”. Destaca tamén dentro desta semana a plantación de 17.000 árbores autóctonas que comezará o próximo xoves no monte público Escarabelada. Así dáse continuidade ao proxecto de recuperación da masa forestal iniciado hai uns anos, pero nesta ocasión a plantación destes milleiros de pés é posible grazas á Fundación Alcoa a través do Programa Ardilla, que achega as árbores e tamén persoal, ao que se sumarán traballadores municipais.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar