• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

Incendios y rescates concentran el 70% de las emergencias atenidas por el Consorcio de Bomberos

De las 104 incidencias registradas durante los meses de enero y febrero en los 6 parques de bomberos de la provincia de Lugo, 46 fueron incendios en edificaciones, vehículos o forestales y 25 rescates o excarcelaciones El Parque de Barreiros fue el complejo con  mayor número de intervenciones, seguido del de Villalba; el de menos fue Viveiro. Los profesionales de la zona norte festejan mañana viernes el patrón del cuerpo de bomberos con simulacros de una fuga de gas y la excarcelación de dos vehículos 

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Os 6 parques do Consorcio Provincial de Bombeiros, entidade xestionada ó 50% por Xunta de  Galicia e Deputación de Lugo, atenderon no que vai de ano un total de 104 emerxencias, das que o 70% foron incendios e rescates. En concreto, durante os meses de xaneiro e febreiro, os profesionais dos complexos de Viveiro, Barreiros, Vilalba, Sarria, Chantada e Monforte actuaron en 46 incendios en vivendas, alpendres, vehículos e forestais, e en 25 rescates e excarceracións. O groso   as restantes intervencións foron fugas de auga ou gas, e limpeza de estradas. Segundo os informes elaborados polos parques, o groso das saídas produciuse nas franxas 15:00 a 16:00 e de 17:00 a 19:00 horas, en días laborables, e o tempo medio de actuación, isto é, entre a chamada dos servizos de emerxencia ó parque, a chegada ó lugar do sinistro, as actuacións necesarias (apagando un incendio, ventilando, limpando, excarcerando ou liberando persoas atrapadas, atallando fugas de auga, etc.) e a volta ó parque é de 1 hora 50 minutos, un tempo récord segundo a opinión dos expertos, tendo en conta as condicións orográficas da provincia. Os vehículos percorreron un total de 16.078 quilómetros.    O complexo con maior número de intervencións nos dous primeiros meses do ano foi Barreiros, con 32, das que 8 se produciron en Foz, 7 en Burela, 5 en Mondoñedo, 4 en Ribadeo, 4 en Barreiros, 2 en Lourenzá e outras 2 en Alfoz. Ó parque barreirense séguelles Vilalba, con 21 actuacións: 7 en Rábade, 4 en Xermade, 4 en Vilalba, 2 en A Pastoriza e 1 en Abadín, Guitiriz, Outeiro de Rei e nun Concello fóra do seu ámbito de actuación prioritario. Sarria atendeu 17 emerxencias: 9 no propio municipio sarriano, 2 no Corgo, 2 en Bóveda e 1 en Navia de Suarna, Pedrafita, Becerreá e A Fonsagrada. O parque de bombeiros de Monforte rexistrou 14 actuacións: 11 no Concello monfortino, 2 en Quiroga e 1 na Pobra do Brollón. O complexo de Chantada atendeu 11 incidencias: 4 de Monterroso, 2 de Chantada, 2 en Antas de Ulla, 2 en Portomarín e 1 en Carballedo.  O parque vivairense foi o que rexistrou un menor número de emerxencias, con 9, das cales 7 se produciron en Viveiro e 2 en Cervo. Demostracións prácticas para celebrar o patrón O parque de bombeiros de Viveiro organizou mañá unha serie de actividades para celebrar o día do patrón do corpo, San Juan de Dios, actos ós que se sumará unha representación dos profesionais de Viveiro e Vilalba. Ás 11:30 horas terá lugar unha misa na igrexa parroquial de Celeiro, á que seguirá unhas demostracións prácticas na explanada situada enfronte das instalacións do complexo. Unha ducia de profesionais realizará un simulacro dunha fuga de gas con resultado de incendio e a excarceración de dous vehículos. Estas actividades súmanse ás organizadas o pasado Nadal polos profesionais do complexo de Barreiros, que recadaron 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo. Os produtos foron principalmente recollidos nun maratón de fútbol celebrado no campo Torques de Marzán, en Foz, entre bombeiros dos parques de Barreiros, Viveiro, Vilalba e Lugo, ademais de Gardas Civís, Policías Locais e persoal dos servizos de Protección Civil e do 061 -todos eles de ditos 10 Concellos-. O bombeiros de Barreiros ocupáronse de recoller os alimentos e distribuílos en lotes, para logo entregarllos os Servizos Sociais municipais.   

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar