• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | Alegan que la liquidación del 2012 está incompleta

El Grupo Socialista se abstiene a la hora de aprobar los presupuestos del 2013

El portavoz de los socialistas en Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, recuerda que el gobierno nacionalista no ha presentado presupuestos para el 2012, recurriendo a la prorroga del 2011; por lo cual llevaron a pleno una liquidación del 2012 con partidas incompletas, por ejemplo impuestos directos e indirectos sin cobrar. Para Gutiérrez las causas aludidas por el alcalde, Fernando Suárez, para no elaborar presupuestos del 2012 “no son de recibo” y se trata de  unos presupuestos alejados de las pretensiones del gobierno municipal, de unos presupuestos participativos.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Primeiramente hai que aclarar antes de entrar na análise dos Orzamentos para este ano, que o Goberno Municipal non presentou proxecto para o 2012, senón que recurriu a prorrogar o do 2011, polo cal levou ao Pleno a liquidación do 2012, ainda que hai partidas incompletas, por exemplo  impostos directos e indirectos sen cobrar. As causas que alega o informe da alcaldía para non elaborar os orzamenros do 2012, non son de recibo, ao meu xuízo, xa que alude ao Decreto para o Pago a Proveedores, ou falla de persoal. A respeito desta última insistimos en varias ocasións na necesidade de levar a cabo unha redestribución do cadro de persoal, axeitándoo ás necesidades do Concello. ¿Cómo se amañaron os outros Concellos?. Asi que nen elaboración do orzamento en tempo e forma, nen liquidación completra, aparte de privar á oposición e aos ciudadanos do dereito de control, aparte da falla de transparencia e de acadar un verdadeiro fito nesta materia, porque non temos noticia de precedentes no período democrático. Isto alónxase moito do obxectivo, proclamado ás veces, dos orzamentos participativos. En canto aos orzamentos do 2013 en comparación cos do 2012 atopamos que no capítulo de ingresos, aumentan os impostos directos en perto de 250.000 euros, concretamente en IBI (urbana), imposto de revalorización de terreos, de tracción mecánica e de actividades económicas. É cero que se reducen as taxas en perto de 185.000 euros, pero aumentan outras, como vados, terrazas, vos, etc. No capítulo de transferencias de capital por investimentos aprécianse disminucións: de 717.000 euros por parte do Estado, 93.000 por parte da Xunta e un millón da Deputación, pero esta derivada da anterior, e importante, aportación para a construción do Pavillón de Deportes. A respeito dos gastos previstos para este ano comparados co anterior, os financeiros aumentan como consecuencia da formalización do préstamo de pago a proveedores e pasan de 40.500 euros a 120.874 euros. A amortización de capital disminue, polo período de carencia do préstamo para proveedores. O orzamento, cando o hai, é a expresión da política do goberno municipal, da que non participamos. O tempo do que dispomos para o seu estudo e análise é moi pequeño, ainda que isto sexa o habitual e, ademais douse a circunstancia de non elaborar os do ano anterior e de presentar a sua liquidación incompleta. E por tais razóns non podemos prestarlle a nosa aprobación. Abstivémonos.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar