• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo | Según el PP hay un acuerdo plenario aprobado por unanimidad

El gobierno local recuerda que Estúa reclamaba en el 2005 que la Diputación comprase los terrenos para ampliar el Museo del Mar

El ejecutivo local lamenta que estos años el asesor del BNG en la Diputación, Xoán Antón Estúa, olvidase la petición que el mismo hacía “porque ya no le conviene”. Aseguran que hay que darle las gracias “por dar al BNG el consejo de que no compre los terrenos anexos al museo”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O goberno municipal explicou que na actualidade o Concello pide “o mesmo que reclamaba o voceiro do BNG de Cervo no 2005: que a Deputación merque os terreos que hai detrás do Museo do Mar e que se utilicen para amplialo”. O executivo local asegura que “nós unímonos a esa petición que facía o señor Estúa e que todos aprobamos por unanimidade nun pleno celebrado o mesmo ano”. O grupo de goberno lamenta “que o asesor do BNG na Deputación non sexa capaz de manter a mesma idea co paso dos anos, e que mude de pel segundo lle conveña”. O grupo de goberno manifestou que “nós estamos do lado de toda a xente que desexa evitar que se constrúa un edificio de cinco plantas ao lado do Museo do Mar” e fai público o seu compromiso de “seguir  reclamándolle á Deputación, como vimos facendo nos últimos anos, que merque a parcela situada detrás do museo para evitar que se edifique nel e, ao mesmo tempo, utilizalo para ampliar o museo”. O goberno cervense explica que “a adquisición da parcela por parte da Deputación é a única forma legal de evitar esa construción”. A outra alternativa para impedir que a propietaria puidese edificar no seu propio terreo era “cometendo unha ilegalidade”, como era que o Concello non aprobase o estudo de detalle desa parcela. “Unha opción que levaría ao Concello aos Xulgados e que remataría coa orde de pagar unha cuantiosa indemnización á dona dos terreos por ir en contra da normativa urbanística”, manifesta o goberno municipal. “Non se pode actuar á marxe da lei e o Concello, prolongando os trámites para aprobar o estudo de detalle, arriscábase a ser denunciado” engaden alcalde e edís, “pero chegou un punto no que podiamos incorrer nun delito e tivemos que aprobalo”.  Ao mesmo tempo, o executivo local asegura que resulta “cínico” que Estúa lle queira botar a culpa ao Concello da situación da parcela anexa ao Museo do Mar “cando el, como asesor do BNG na Deputación, é un dos principais responsables de que non se amplíe o museo. É grazas ao seu consello e asesoramento que aínda non se mercou a parcela”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar