También en directo
Ahora en vídeo
Barreiros |

Fuente Parga acusa al BNG de practicar un doble juego en el Ayuntamiento y en la Diputación

El alcalde criticó que el gobierno de la Diputción, PSOE-BNG, votase en contra de una moción de PP para mejorar el tráfico entre Barreiros y Ribadeo por la carretera de la costa, con el fin de descongestionar la circulación en la playa ribadense de Las Catedrales.

De 

O rexedor critica que Antonio Veiga, o vicepresidente, manteña unha postura na institución provincial e outra ben distinta no Concello barreirense. Fuente Parga lembrou que o BNG asegurou no pleno municipal que tivemos este luns que as estradas están en mal estado, pero sen embargo á hora de votar na Deputación luguesa a favor dese arranxo fan xusto o contrario.  O rexedor de Barreiros dixo: “hoxe en Barreiros recibimos con sorpresa a votación dunha moción presentada polo PP onte na Deputación de Lugo, na que se pedía que se executasen os proxectos no vieiro costeiro entre Barreiros e Ribadeo para tentar desconxestionar o tráfico na praia das Catedrais e canalizar todos eses vehículos. Trátase duns proxectos que xa deixara aprobados, e un deles xa adxudicado, o anterior goberno do PP na Deputación luguesa, estamos a falar de hai máis de 7 anos e resulta que non o executaron”. Fuente Parga lembrou que “o BNG no pleno que tivemos o pasado luns en Barreiros dixo que as infraestruturas do noso concello están en mal estado e onte na Deputación o vicepresidente e concelleiro nacionalista en Barreiros, Antonio Veiga, un día di unha cousa e ao seguinte foi capaz de votar en contra de que iso saíse adiante”. Para o alcalde de Barreiros “con esta actitude está a desvirtuar á súa portavoz no Concello, Ana Ermida, cando di que en Barreiros non se está a facer nada, que non se van facer investimentos, que se van subir os impostos, etc, iso é mentira. Incluso cando ten a posibilidade a Deputación Provincial, e so co voto do señor Antonio Veiga, que é concelleiro en Barreiros e veciño deste concello, para que se fagan investimentos que superan os dous millóns e medio de euros ten o descaro de votar en contra de que a Deputación execute unha obra para Barreiros e Ribadeo, necesaria para desconxestionar o tráfico nesta zona”. O rexedor considera que “estes señores están a facer un dobre xogo. Un é o que fan no Concello de Barreiros e outro na Deputación de Lugo, ou non se falan ou non se entenden ou non queren que veña ningún investimento para Barreiros, que iso é o que temos claro todos os veciños”.  

Lo más visto