• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Iguales para todos y sin discriminaciones

La Diputación reedita las ayudas a las cofradías y agrupaciones de mariscadoras

La institución colabora un año más con estes colectivos mediante subvenciones por un valor superior a los 20.000 euros, que se repartirán en cantidades iguales. La vicepresidenta segunda de la Diputación, Lara Méndez, destaca que “el trabajao del gobierno provincial dista mucho del realizado por el PP, que sólo concedía ayudas a la Cofradía de O Viñedo, discriminando a los restantes colectivos”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A Deputación renova un ano máis as axudas para o impulso económico e o desenvolvemento das actividades de todas as cofradías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da Mariña. A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, avanzou que “no 2013, a totalidade destes colectivos recibirán máis de 20.000 euros, distribuídos en cantidades iguais, mantendo o noso investimento con respecto ó ano pasado, a pesares de contar cun Orzamento menor, así como os seus beneficiarios e as condicións de reparto”.  Deste xeito, ó igual que no 2012, os colectivos que recibirán estas axudas son: Cofradía de Pescadores do Vicedo; Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro; Cofradía de Santa María do Campo de Ribadeo; Cofradía de Pescadores de Burela; Cofradía de Pescadores de San Ciprián, Agrupación de Mariscadoras de San Cosme de Barreiros e a Cofradía de Pescadores de Foz. Precisamente, Lara Méndez, tivo a oportunidade de avanzar esta nova ó patrón maior da cofradía de Foz, Juan Ramón Lestegás, a pasada fin de semana, aproveitando o encontro que mantiveron durante a Festa do Berberecho desta localidade mariñana -que tamén conta dende hai anos co apoio económico da institución provincial que outorga directamente ó Concello focense 3.000 euros para desenvolvemento desta cita-. Antes, só Vicedo A Vicepresidenta subliñou que “o traballo deste Goberno Provincial dista moito do que leva a cabo o Partido Popular quen, cando dirixía a Deputación, só concedía axudas á Cofradía do Vicedo, colectivo que recibía unha media de 12.000 euros ó ano, discriminando deste xeito ós restantes colectivos da provincia”. Actualmente, a institución luguesa é a única das Deputacións galegas que colabora con todas as cofradías da súa provincia. A única diferencia das axudas ás cofradías para 2013 con respecto ás do ano pasado é que, anteriormente, era o Inludes a administración provincial que outorgaba estas subvencións mediante o chamado Plan Estratéxico de Subvencións do Inludes. Tendo en conta a disolución deste organismo a finais do 2012, agora é a Deputación quen, directamente, se encargará de conceder estas axudas que, tal e como reiterou a Vicepresidenta Segunda, “son iguais e para todos os colectivos da provincia. Nós non facemos discriminacións”. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar