• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

El curso de verano "A divulgación como ponte entre ciencia e sociedade" desde hoy en Burela

González Barcia participó en la inauguración de esta mañana en el salón de plenos, donde destacó la actividad que  la Universidad de Coruña lleva cabo con los centros de enseñanza de Burela El alcalde señaló que el Ayuntamiento seguirá a apoyar iniciativas como esta y puso de manifiesto que los centros de enseñanza de Burela destacan por su actividad innovadora, tano los IES como los CEIPs.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

González Barcia dixo que “hoxe pola mañá comezou no salón de plenos do Concello de Burela un curso de divulgación da ciencia entre a sociedade, un curso de verán organizado polo departamento de Física e Química do IES Monte Castelo en colaboración coa Universidade da Coruña. Vai ter unha duración de dous días e pretende achegar a ciencia á sociedade”. O alcalde burelés entende que “estas actividades teñen que ser apoiadas dende as administracións locais, tendo en conta o que significa achegar a ciencia á sociedade en xeral, para que se dea conta de que o termo cultura non queda reducido de forma exclusiva á literatura, á filosofía, á pintura, á arte, senón que a cultura tamén engloba aquelas cuestións que teñen que ver coa física, coa química, coas matemáticas, coa bioloxía, etcétera. Creo que é positivo porque demostra a capacidade que teñen os centros de integrarse na súa sociedade máis próxima”. Para José Mª González Barcia “hai unha segunda cuestión que eu creo que tamén é importante e pola cal temos que colaborar dende as administracións locais fundamentalmente cos centros de ensino, que é a capacidade de apertura dos propios centros á sociedade e de ser capaces de organizar actividades que permiten a mellora na formación dos propios docentes e daquelas persoas que queren selo nun futuro máis ou menos próximo. Porque este curso diríxese a docentes que están en activo e a estudantes de física, química, maxisterio, etcétera, que dentro duns anos exercerán a súa función docente nos distintos centros de ensino”. Neste curso de verán están a participar case 40 profesionais do mundo do ensino. O rexedor asegurou que “desde o Concello, vamos apoiar en todo momento iniciativas coma esta, dentro das nosas posibilidades por suposto. Pero é certo que os centros de ensino de Burela demostran capacidade innovadora. Os dous IES, Monte Castelo e O Perdouro, son dos institutos da provincia con máis ciclos formativos actualmente en marcha. E os dous CEIP, Virxe do Carme e Vista Alegre, destacan entre outras cousas polo plurilingüismo, por exemplo. En definitiva son centros moi activos, abertos á sociedade e, evidentemente, nosoutros vamos apoiar calquera iniciativa, dentro das nosas posibilidades, que xurda deles”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar