También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

CERVO | Programa completo para festejar el Día de las Letras Gallegas, incluye actos organizados por las asociaciones y por el propio ayuntamiento

O Concello de Cervo dá a coñecer os actos previstos para celebrar o Día das Letras Galegas. Un completo programa no que se inclúen actividades para o público infantil e adulto e nos que non faltan as homenaxes a escritores como Roberto Vidal Bolaño e Rosalía de Castro. A edil de Cultura, Begoña Alonso, o presidente de Airiños do Xunco, Rafael Blas e o presidente dos Aventados, Pablo Mosquera xuntáronse hoxe para pechar os últimos detalles dos preparativos.  Alonso agradeceu a ambas entidades culturais as súas respectivas iniciativas, coas que tamén colabora a administración local e ás que hai que engadir as actividades postas en marcha polo Concello que en conxunto conforman “un completo programa para exaltar la literatura y la lengua gallega” explica a edil de Cultura, Begoña Alonso. O retrato cos avós será a primeira das actividades, que terá lugar o venres 17 de 11:30 a 13:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura, e que consistirá na realización de fotografías protagonizadas polos avós e os seus netos, que posarán xuntos diante da cámara para obter unha fermosa instantánea de recordo. Esta actividade está incluída no Maio dos avós posto en marcha pola Concellería de Servizos Socias como complemento ao Día do Xubilado.  Ese mesmo día pola tarde a Concellería de Cultura ofrecerá contacontos infantís e un taller de manualidades relacionado cos libros e coa literatura. Será ás 16:30 horas na Casa da Cultura. O sábado, a partir das 20:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián  será o momento de participar nas actividades organizadas polos Aventados, que ofrecerán unha lectura de poemas de Rosalía de Castro como forma de celebrar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Ao mesmo tempo tamén hai prevista unha actuación do Grupo de Improvisación do Conservatorio de música de Viveiro. O domingo 19, ás 18:30 horas no salón de actos da Casa do Concello,  Airiños do Xunco ofrecerá un relatorio sobre a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño da man de Pablo Mosquera, que irá seguido dunha actuación das cantareiras de Airiños do Xunco. Os actos continuarán coa entrega de premios da XXIX edición do Concurso literario convocado por esta asociación. O peche musical a este día porao o dúo Maika e Juani, que deleitarán ao público con temas baseados na literatura galega.  Ao mesmo tempo cabe lembrar que o Concello tamén organiza o Taller de teatro con motivo do Día das Letras Galegas que se vén desenvolvendo dende finais de abril e que rematará en xuño cunha actuación teatral pendente de fixar no calendario e na que 10 nenos e nenas representarán a peza “Todo é un conto”.

Lo más visto