También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

BURELA | El aula CeMIT acogerá un nuevo curso de informática desde el 15 al 23 de mayo

  • cope.es
  • cope.es

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá un novo curso de informática impartido polo Concello de Burela. Será do 15 ao 23 de maio.

O vindeiro mércores, 15 de maio, dará comezo un curso de Iniciación a internet no que se ensinará aos asistentes a dar os seus primeiros pasos na internet. Os participantes aprenderán a buscar todo tipo de información na rede a través do navegador libre Mozilla Firefox, así como a configuralo. Este curso impartirase ata o 23 de maio en horario de 16:00 a 17:30 horas.

Desde a Aula CeMIT de Burela lémbranlles aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula, en horario de mañá de 13:00 a 14:00 horas e en horario de tarde de 18:30 a 20:00 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Lo más visto