• Sábado, 27 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | Alguien mezcló la Playa de las Catedrales con las hipotecas

El BNG exige disculpas de López Penabad por acusar al gobierno local de pegar carteles

El presidente de la gestora del PP en Ribadeo, Jesús López Penabad, acusó al BNG de “orquestar” una protesta cívica contra los desahucios delante de la sede del partido popular ribadense y de convocar este acto de  protesta mediante la pegada de carteles en la que participaron “representantes del gobierno municipal”. El responsable local del BNG, Xavier campos, después incertidumbre  inicial con la que recibian las manifestaciones de López Penabad, pudo comprobar el origen de tales afirmaciones

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

É certo que hai un par de días dúas concelleiras do BNG, xunto cun grupo de militantes, realizaron unha pegada de carteis na nosa vila. Ocorre que, curiosamente, esa pegada de carteis era para convidar aos e ás ribadenses á xornadas sobre a praia das Catedrais e a Rede Natura que tivo lugar onte na nosa vila, organizada polo BNG  baixo o título "A Rede Natura en Galiza: Como preservar o seu futuro?" e na que estivo presente a señora Pía Bucella, Directora xeral de Natureza, Biodiversidade e Uso da Terra da Unión Europea. E certamente ese mesmo día outro grupo de persoas estiveron a pegar por Ribadeo outros carteis da Plataforma de Afectados pola Hipotecas, nos que se daba conta do número de sinaturas que se recolleran no Estado en prol dunha Iniciativa Lexislativa Popular sobre a dación en pago, que foi debatida no Congreso grazas á presión social (xa que nun comezo, o PP anunciara que non ía ser admitida a debate). Nese mesmo cartel da Plataforma de Afectados polas Hipotecas convocábase unha cazolada na sede do Partido Popular ribadense. Xa que logo, dános a impresión de que o señor López Penabad, queremos supoñer que mal informado por algún seareiro entusiasta, pecou novamente de imprudencia e botou a lingua a pacer. Non se poden facer afirmacións como as que fixo onte sen ter certeza de que son certas, porque despois pasa o que pasa: que se cae no ridículo, como lle pasou a Penabad. No BNG pedímoslle pois que admita a súa confusión e se desculpe publicamente polas súas declaracións, a non ser que queira seguir difamando a membros do Goberno Municipal a sabendas de que minte. Evidentemente nós, como BNG, nada temos que dicir sobre esa acción realizada por persoas vinculadas á Plataforma de Afectados polas Hipotecas. Son eles e elas as que poden responder directamente ao PP de Ribadeo. Mais en calquera caso aproveitamos a ocasión para manifestar a nosa comprensión  e respecto a esas accións críticas coas políticas socialmente inxustas e crueis que o PP está a levar a cabo.  Entendemos que esas accións obedecen á lexítima e necesaria resposta que se está a dar desde a cidadanía diante das políticas antisocias aplicadas polo goberno estatal, e galego, do PP. Son esas políticas, e non os cidadáns que as padecen, quen  están a provocar un clima de crispación social do que o PP é responsábel. Nós no BNG o tema dos desafiuzamentos no BNG témolo moi clariño. Moitos dos bancos intervidos contan cun inxente número de pisos da época do boom urbanístico, cos que hoxe se debería crear unha Bolsa de Vivenda Pública de carácter social e con prezos accesíbeis e xustos. Igualmente debe procederse á admisión da dación en pago como xeito de acabar coa débeda hipotecaria das familias. É tal a importancia que o BNG lle dá a este tema que ten convocada mobilizacións, nas grandes cidades, para o vindeiro día 16 de febreiro. En definitiva, esta é unha nova demostración dos modos de facer política que teñen no PP ribadense, onde cren que a mentira e o xogo sucio, sumados a intereses espúreos, conducen ao que eles procuran: o rédito político antes que o ben común dos ribadenses. Non habería quen no Antroido lles regalase uns sobres...de tila?

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar